13 DE MAIO DE 2010

13 DE MAIO DE 2010
13 DE MAIO DE 2010: GRAZAS!!!

NOTICIAS DA SAÚDE (EUROPA PRESS)

NOVAS DA SAÚDE

NOTICIAS GALIZA



NOVAS DE GALIZA:





17 mar 2011

Povisa nega manter negociacións para a venda do hospital vigués

Feijóo di que "non se pode confundir á xente" e envía unha mensaxe de "tranquilidade e confianza" ao centro

 

Europa Press

O hospital vigués Povisa rexeitou que manteña "ningunha negociación de ningún tipo" para a venda deste centro, segundo confirmaron a Europa Press fontes da empresa.    As mesmas fontes aseguraron que é "rotundamente falso" que se estea a negociar a posible venda ao grupo Ribera Saúde, en relación á información publicada no diario 'El País' este xoves.
   Deste modo, fontes do hospital vigués recalcaron que non manteñen actualmente "ningunha negociación de ningún tipo" para a venda de Povisa.
   Este hospital vigués está actualmente a negociar coa Xunta de Galicia o concerto para os próximos dez anos, período para o que se acordou que terá unha poboación adscrita de 135.000 pacientes.
   Na reunión celebrada o mércores entre as partes, o hospital entregou ao Sergas unha documentación que será estudada nos próximos días pola Administración. Así, a previsión é que o Servizo Galego de Saúde presente un borrador dos pregos do contrato a finais de mes.

TRANQUILIDADE E CONFIANZA
   Ao respecto deste tema, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, manifestou, na rolda de prensa posterior ao conselo, que "non se pode confundir a xente".
   "Onte --mércores-- no Parlamento votábase o interese dos grupos oposición de rescindir o concerto con Povisa. Sorpréndeme que en Santiago queiran rescindir e en Vigo manter e incrementar os contidos e prezos do contrato", expuxo Feijóo.
   Neste sentido, o máximo mandatario galego insistiu en que le "sorprende" porque o cre "un uso do equipo de Povisa con interese político e non se debe facer".
   "Con Povisa temos un convenio, non imos pagar por unha actividade que non se fai nin deixaremos de pagar por unha actividade que realmente se fai", aseverou, ao tempo que recordou que con Povisa se negocia un contrato durante 10 anos, polo que enviou unha mensaxe de "tranquilidade e confianza" ao hospital.
   "Sobre a venda, pregúntelle aos directivos de Povisa, a nós non se nos notificou nada", sentenciou ao ser preguntado sobre o tema na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta.

A dirección de Povisa desmente a posible venda do hospital (La Voz de Galicia)


   

No hay comentarios:

Publicar un comentario