Sen desvelar cal será o orzamento final, o presidente insiste ante
as críticas que será
“cen por cen público”.
O presidente da Xunta, Alberto Nuñez Feijóo, presentou onte en Pontevedra o proxecto do futuro hospital de Monte Carrasco que vai dar servizo á área norte da provincia, un plan co que todo serán “vantaxes” como “ser unha das mellores infraestruturas hospitalarias xa non de Galicia ou España, senón de Europa” e ter a posibilidade de atender “a máis de 300.000 persoas”. O proxecto “licitarase a mediados de 2011” asegurou Feijóo, co que as obras “estarán listas un ano antes do que estaría a ampliación prevista de Montecelo” comprometida no bipartito anterior e eliminado pola Xunta porque “a mellor ampliación posible quedaría incompleta a medio e longo prazo” defendeu, co que “non satisfaría aos cidadáns nin á facenda autonómica”.
Así, “sería imperdoable que a Xunta non acometese esta iniciativa” matizou, tras afirmar que o novo hospital “significa un acto de xustiza coa poboación de Pontevedra e a súa área sanitaria” e que se trata dun “edificio definitivo para os vindeiros 50 anos”. Outras das súas “vantaxes” serían a súa “articulación máis coherente do territorio”, a súa “ausencia de limitación formal e de interferencias na actividade asistencial mentres dure a súa execución” e que a súa vida útil será “notablemente mellor que calquera reforma”.
“CRECER DE FORMA HARMÓNICA”
Tamén insistiu en que “terá a posibilidade de crecer de forma harmónica” contará con 723 camas e prestará “unha especial atención á humanización da área materno infantil, oncolóxica e de coidados paliativos”. Ademais destacou que estará equipado con “os últimos avances en tecnoloxía diagnóstica e terapéutica, ergodinámica e diálese”, que “o 60% das habitacións serán individuais” e que a súa superficie total abarcará 150.000 metros cadrados “fronte aos 90.000 de Montecelo, un 60% máis” así como “dous mil prazas de aparcadoiro”.
En definitiva, insistiu Feijóo, un edificio “único, de futuro, sustentable, ecolóxico e humanizado” e “cento por cento público” aínda que non desvelou o orzamento final para esta infraestrutura se ben desde o propio Servizo Galego de Saúde apuntouse esta mesma semana que ascendería a 229 millóns de euros fronte aos 180 iniciais, que pretenden “priorizar as necesidades que falten por cubrir e en Pontevedra existen necesidades hospitalarias.
O acto contou coa importante e marcada ausencia dos colectivos sociais, asociacións, sindicatos, partidos políticos e agrupacións veciñais ou a Plataforma pola Sanidade Pública, que se opoñen ao proxecto por diversas causas como os trece alcaldes dos respectivos concellos da área sanitaria norte, que rexeitan o plan.
Entre eles, o da propia cidade do Lérez, Miguel Anxo Fernández Lores, tamén portavoz da Plataforma Contra a Privatización e polo Hospital Único de Pontevedra, que onte mesmo lembrou que este proxecto “que se presenta xa por quinta vez” non é máis que “unha postal de Nadal envelenada”, que oculta un plan para realizar un hospital “privado” e que “hipotecará o orzamento público durante vinte anos”. Ademais, dixo Lores, este hospital elimina “un plan consensuado, o da ampliación de Montecelo” que por outra banda “a estas alturas xa debía estar ao 50% da súa construción.

No hay comentarios:
Publicar un comentario