13 DE MAIO DE 2010

13 DE MAIO DE 2010
13 DE MAIO DE 2010: GRAZAS!!!

NOTICIAS DA SAÚDE (EUROPA PRESS)

NOVAS DA SAÚDE

NOTICIAS GALIZA



NOVAS DE GALIZA:





31 dic 2010

A NOVA LEI DO TABACO Máis de tres millóns de fumadores intentarán deixar o hábito no 2011

Un 25% aguantan un día sen consumir, un 40% entre dous e sete xornadas, e só o 12% superan os tres meses

Máis de tres millóns de fumadores en España intentarán deixar o tabaco durante os catro primeiros meses do ano, segundo estimacións da Sociedade Española de Medicina de Familia e Comunitaria, que colgou na súa web (www.semfyc.es) consellos para axudar a deixar este vicio. Segundo esta asociación, o 60% dos intentos de abandono prodúcense nos primeiros meses do ano, coincidindo coa época dos bos propósitos para comezar o novo curso. E entre os que o intentan, un 25% só aguantan un día sen fumar; o 40%, entre dous e sete días, e unicamente un 12% superan os tres meses.
«Calculamos que dos dez millóns de españois que fuman, un de cada tres exporase deixalo para o próximo ano. Ata esperamos que esta cifra sexa maior, tendo en conta a entrada en vigor da nova lei e a recente subida do prezo do tabaco», asegura o doutor Francisco Camaralles, do Grupo de Abordaxe ao Tabaquismo da Semfyc.
Os expertos desta organización resaltan que non todos os tratamentos son eficaces. De feito, aseguran que non se dispón de ningún estudo que demostre a efectividade da acupuntura, a hipnoterapia, a acupresión, o tratamento con láser, a electroestimulación e outras terapias similares. «A poboación debe coñecer as axudas que existen para deixar este hábito, que os médicos de familia podemos axudar e que o tratamento farmacolóxico triplica as posibilidades de éxito, xa que alivian a síndrome de abstinencia, que é a principal causa pola que os fumadores recaen», afirma Camaralles.


      

No hay comentarios:

Publicar un comentario