13 DE MAIO DE 2010

13 DE MAIO DE 2010
13 DE MAIO DE 2010: GRAZAS!!!

NOTICIAS DA SAÚDE (EUROPA PRESS)

NOVAS DA SAÚDE

NOTICIAS GALIZA



NOVAS DE GALIZA:





19 ene 2011

Farjas llama a Sanidad a encontrar "alternativas a los litigios jurídicos"

Europa Press

Subliña que lle consta o "apoio decidido" do PP nacional a esta medida de redución do gasto farmacéutico

 

A conselleira de Sanidade, Pilar Farjas, insistiu na vontade de encontrar co Ministerio de Sanidad "alternativas aos litixios xurídicos" abertos pola implantación en Galicia do catálogo priorizado de medicamentos, polo que pretende trasladarlle persoalmente a Leire Pajín este mércores os "datos reais".

   Así o resaltou Farjas a preguntas dos medios, tras realizar o balance de actividade asistencial do Sergas no último trimestre de 2010, en relación ao encontro que prevé manter na tarde deste mércores en Madrid coa ministra de Sanidad.
   Ao respecto, a conselleira explicou que pretende informar a Pajín "de cuales son os datos reais sobre o impacto do catálogo", en relación ao que destacou os "case 300.000 euros diarios" de redución de gasto farmacéutico que permiten ao Sergas inverter na construción de novas infraestruturas sanitarias.
   "Falei esta mañá con ela --por Pajín-- e comprometeuse a buscar un momento de encontro para falar nesta vontade de atopar vías alternativas aos litixios xurídicos", afirmou Farjas.
   Nesta liña, preguntada polas afirmacións de dirixentes do Goberno central que apuntaron a "inconstitucionalidade" do catálogo, Farjas remarcou que "o que é inconstitucional é adoptar medidas que vaian en contra de estratexias de austeridade e eficiencia", como "pagar 45 euros por un medicamento no que hai alternativa de 9 euros".
   "Dende Galicia entendemos que o que non é constitucional é reducir un 10% os ingresos ao financiamento da comunidade; reducir a capacidade de endebedamento de Galicia; eliminar o fondo de cooperación territorial; esixir a devolución de anticipos de 2008 e agora impedir a aplicación dunha medida de impacto en aforro e eficiencia", comentou a conselleira en relación a medidas adoptadas polo Goberno central.
   "É evidente que temos que seguir traballando e estou convencida de que o Goberno de España compartirá esta obriga de axudar ás comunidades autónomas na implantación de políticas de eficiencia na redución do gasto", manifestou Farjas, quen puxo como exemplo que "con cinco días de execución do catálogo aforrouse o suficiente" para construír un "centro de saúde moderno como o de Fisterra", dotado de 1,5 millóns de euros.
"APOIO DECIDIDO DO PP NACIONAL"
   Nesta liña, preguntada polo apoio do Partido Popular á industria farmacéutica trasmitido polo presidente da formación, Mariano Rajoy, a Farmaindustria, a conselleira de Sanidade subliñou que lle consta o "apoio decidido do PP nacional ao catálogo" de medicamentos galego. "A esta medida e a calquera", apostilou, en canto a iniciativas de austeridade e contención do gasto.
   Así mesmo, cuestionada sobre o acceso dos mutualistas ao catálogo, Farjas puntualizou que "tódolos pacientes que acoden ao Sergas", sexan de Galicia ou doutras comunidades, que teñan Muface ou outra mutua, "son atendidos cos mesmos criterios de equidade".
   "O Sergas atende a todos os pacientes por igual", aseverou a titular de Sanidade, quen precisou que os mutualistas atendidos en centros privados ou na rede do Sergas, que cofinancian o 30 por cento da prestación, representan os usuarios "que máis fidelización teñen ao uso de xenéricos".


 

No hay comentarios:

Publicar un comentario