13 DE MAIO DE 2010

13 DE MAIO DE 2010
13 DE MAIO DE 2010: GRAZAS!!!

NOTICIAS DA SAÚDE (EUROPA PRESS)

NOVAS DA SAÚDE

NOTICIAS GALIZA



NOVAS DE GALIZA:





19 ene 2011

Farmaindustria protesta ante Rajoy polo catálogo da Xunta

A industria farmacéutica apela ó presidente do PP, ante o que consideran "a ruptura da unidade do mercado farmacéutico, da legalidade e do estado de dereito"

Critican que se mande ó estranxeiro unha imaxe de inseguridade reguladora que impida a atracción de investimentos.

 

O presidente do PP, Mariano Rajoy, comprometeuse onte a "xerar confianza e certeza" no sector da industria farmacéutica, ante as críticas da patronal ó catálogo priorizado de medicamentos aprobado pola Xunta de Galicia.
Rajoy e a coordinadora de Participación Social do PP, Ana Pastor, reuníronse onte co presidente de Farmaindustria, Jordi Ramentol, e co director xeral, Humberto Arnés.
Ambos os dirixentes trasladáronlles ós populares a súa preocupación pola "ruptura da unidade do mercado farmacéutico español" e "da legalidade e do Estado de dereito" que supón, din, o catálogo galego, ó dar prioridade a algúns fármacos no financiamento do seu servizo público de saúde.
Ramentol e Arnés insistiron en que as medidas impulsadas polo Executivo de Alberto Núñez Feijóo xeran "desigualdades de dereitos" entre os cidadáns en función da comunidade na que residan.
O catálogo galego supón, para os dirixentes da patronal farmacéutica, unha "clara invasión de competencias estatais" e unha "vulneración da legalidade vixente". Por iso, resaltaron a gravidade que supón o incumprimento da normativa en vigor por parte dunha Comunidade, xa que a oferta de medicamentos corresponde de xeito "exclusivo" ó ministerio de Sanidade para toda España, e reclamaron un escenario de seguridade xurídica que lles permita ás compañías planificar o seu futuro con maiores garantías.
Insistiron en que nos últimos meses desde España estanse enviando "sinais moi negativos" para os mercados internacionais, que xeran "desconfianza" no marco regulador da industria farmacéutica neste país, o que repercute "moi negativamente" sobre as posibilidades das compañías para atraer investimentos produtivos e en I+D.
Tesoirada de 4.000 postos de traballo, e máis no 2011
Así mesmo, fixeron fincapé en que a estas medidas de política autonómica hai que sumarlles os "graves impactos" que tiveron para a industria farmacéutica en España os Reais decretos 4/2010 e 8/2010, que reducirán os ingresos do sector nuns 2.100 millóns de euros anualizados. Isto equivale, segundo Farmaindustria, a unha redución do 14% do mercado farmacéutico e é case dúas veces maior có resultado da industria en 2008, o que afectará especialmente ó emprego -só na segunda parte de 2010 perdéronse máis de 4.000 postos de traballo e os axustes continuarán en 2011- e ós investimentos en I+D do sector, que se reducirán nuns 300 millóns anuais.
De non reverter esta situación, a patronal alertou de que non só desaparecerán laboratorios ata agora eficientes, senón que se asestará "un golpe case definitivo" ás posibilidades desta industria para constituír un sector referente do novo modelo económico español.

REACCIÓNS

Farjas comina o Ministerio a pórse na situación do Goberno galego
A conselleira de Sanidade da Xunta de Galicia, Pilar Farjas, invitou á ministra de Sanidade, Leire Pajín, e ó seu ministerio a "situarse onde está o goberno da Xunta" que é, segundo dixo, "á beira dos cidadáns, á beira dos galegos", en relación á posta en marcha do catálogo de medicamentos priorizado en Galicia. "Invitamos a ministra a estudar detidamente a situación de sustentabilidade e de tensión económico-financeira da sanidade pública en España", manifestou Farjas en declaracións ós medios nun acto na localidade de Fisterra. Farjas insistiu en que a lei pola que se creou o catálogo priorizado de medicamentos en Galicia "aposta por reducir os gastos en medicamentos onde existe alternativa máis eficiente".
Ademais, incidiu en que o aforro que leva posibilita investir en infraestruturas e na creación de emprego na construción de novos hospitais e centros de saúde. Así, reiterou a aposta da Xunta por que "Galicia siga mellorando a sanidade pública".

Rueda non atopa explicación ó rexeitamento da ministra Pajín
O conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda, manifestou que non atopa "explicacións" ó rexeitamento do Goberno central ó catalogo priorizado de medicamentos e pediu un "cambio de actitude". "Non é de recibo que o Goberno de España estea facendo oposición ás medidas que se toman desde aquí", dixo. "Pedímoslle a Zapatero que cambie de actitude, esa actitude que se pechou coa súa ausencia durante todo o Ano Santo, e que non continúe en 2011. Que se dea de conta que aquí en Galicia estamos intentando facer as cousas ben e estamos intentando tomar medidas en épocas de crises e o mínimo que esperamos, xa que non imos ter axuda que polo menos que non poñan obstáculos", subliñou. Despois de que a ministra de Sanidade, Leire Pajín, cuestionase este catalogo porque podería chegar a destruír empregos, Rueda explicou que "o motivo de acometer esta medida polo goberno da Xunta é o de aforrar unha cantidade importante de diñeiro, sen desmerecer e rebaixar a atención farmacéutica que reciben os cidadáns".
Caamaño: "Xera desigualdades"
O ministro de Xustiza, Francisco Caamaño, destacou que co catálogo galego se "corre o risco" de que un cidadán doutra comunidade cunha medicación determinada ao chegar a Galicia "non lle sexa exactamente subministrada", o que supón unha "quebra da igualdade" e "rompe a unidade de caixa" da Seguridade Social. Teimou en que a avogacía do estado recorrerá contra a norma porque "vai contra competencias de saúde que ten o Estado".

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario