13 DE MAIO DE 2010

13 DE MAIO DE 2010
13 DE MAIO DE 2010: GRAZAS!!!

NOTICIAS DA SAÚDE (EUROPA PRESS)

NOVAS DA SAÚDE

NOTICIAS GALIZA



NOVAS DE GALIZA:





10 ene 2011

Galicia ten 350.000 habitantes que se abastecen de auga sen control sanitario

A outro 10% da poboación, 270.000, chégalles a subministración de redes feitas polos propios veciños.
Son fogares do medio rural que se nutren de pozos e mananciais privados nos que non hai inspeccións.

Un 13% da poboación galega, uns 350.000 habitantes, abastécese a diario de auga non suxeita a ningún tipo de control de potabilidade e de contaminación. Trátase de fogares, fundamentalmente situados en zonas rurais, que se nutren de pozos e mananciais privados, e aos que non chegou a rede municipal de abastecemento. A elevada dispersión poboacional é o que explica un dato tan elevado, ao que se suman outros 270.000 galegos que se serven a través de redes xestionadas polos propios veciños, e en certos casos construídas polos propios concellos. Nalgúns destas subministracións tampouco existe ningún tipo de supervisión.
Estes son os datos que manexa a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, e que se atopan tamén na enquisa de infraestruturas e equipamentos locais (EIEL) que ten o Goberno central. O número de fogares que se abastecen de pozos e mananciais privados situaríase nos 130.000 en toda a comunidade, cun peso maior na provincia de Lugo, e case residual na de Ourense, onde priman as redes veciñais privadas. «Este é un fenómeno moi galego, tremendamente estendido, pero hai que dicir que, polo xeral, falamos dunha auga extraordinaria, natural, xeralmente nada contaminada, aínda que non ten o control público da auga dunha rede», precisa Carlos Fernández, presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp).
Os alcaldes consultados recordan que, na nova Lei de Augas, o que se persegue é chegar coas redes de saneamento ao maior número de núcleos posible e, sobre todo, garantir nas redes veciñais un maior control sanitario. No medio rural, en cambio, interprétase ese novo marco legal como un intento de legalizar puntos de subministración para incrementar a recadación.
Francisco Menéndez, presidente de Augas de Galicia, recoñece que a cuestión do abastecemento nesta comunidade é un debate que tarde ou cedo se terá que abrir». O máximo responsable do organismo recorda que o Plan Auga impulsado por este Goberno -que prevé un investimento de 800 millóns de euros- ten entre os seus obxectivos dar abastecemento a todos os núcleos de poboación maiores de 50 habitantes, tal e como recomenda a UE.



No hay comentarios:

Publicar un comentario