13 DE MAIO DE 2010

13 DE MAIO DE 2010
13 DE MAIO DE 2010: GRAZAS!!!

NOTICIAS DA SAÚDE (EUROPA PRESS)

NOVAS DA SAÚDE

NOTICIAS GALIZA



NOVAS DE GALIZA:





5 ene 2011

Lei antitabaco. Segundo día: máis de mil denuncias

O ministerio de Sanidade nega que Leire Pajín incitase a soprarse uns cidadáns a outros mentres Zapatero cre que a norma "non ten afán prohibicionista" senón de "protexer o dereito á saúde" e os hostaleiros temen converterse en "policías".

A entrada en vigor da Lei antitabaco orixinou máis de mil denuncias de particulares e varios incidentes entre fumadores e non fumadores nos primeiros días.
As autoridades sanitarias das Comunidades Autónomas informaron de varios centenares de locais que incumpren a normativa, en xeral relacionados coa cartelería que anuncia a prohibición total de fumar. Entre as anécdotas da segunda xornada de vixencia da Lei cabe destacar un enfrontamento entre clientes dun local da localidade cacereña de Montehermoso que se saldou con case 20 puntos de sutura na cara do propietario do bar.
Tamén cabe destacar o feito que o propietario do Asador Guadalmina, de Marbella, que anunciara a súa intención de non cumprir a lei, asegurou onte que porá unha denuncia contra a parella de policías que identificou os clientes que estaban fumando dentro do establecemento.
Así, a organización de consumidores FACUA rexistrou ata as 17:00 horas de onte 1.014 denuncias, das que a maior parte proceden das comunidades de Andalucía (246), Madrid (149) e Cataluña (128). O voceiro de Facua, Rubén Sánchez, explicou que as denuncias estarán dirixidas contra os establecementos hostaleiros e os organismos públicos que transgridan a normativa e non contra particulares. Para o presidente do Goberno, José Luis Rodríguez Zapatero, resulta "lóxico" que se poidan denunciar os incumprimentos da norma, que "non ten nada que ver con ningún afán prohibicionista" senón un intento de "protexer o dereito á saúde" dos non fumadores.
Por contra, o alcalde de Valladolid, Francisco Javier León da Riva, lamentou que se invite os cidadáns a denunciarse uns a outros" e advertiu que "así empezaron cousas terribles na historia da humanidade".
Esta polémica xurdiu por mor dunhas declaracións da ministra de Sanidade, Políticas Sociais e Igualdade, Leire Pajín, nas que antonte citaba a denuncia como unha posibilidade máis á hora de aplicar a lei. Dende Sanidade subliñaron que Pajín "non incitou a denunciar", senón que se limitou a responder unha pregunta sobre mecanismos para que se cumpra a Lei. O Ministerio tamén subliñou que a lei se está cumprindo con normalidade e que os cidadáns se están comportando con "completo civismo".
Pola súa banda o presidente da Asociación de Salas de Festa de Baleares, Pedro Vidal, manifestou que os empresarios do sector temen que os seus propios traballadores se convertan en "policías" que denuncien as posibles infraccións que se cometan nos seus establecementos tras a aplicación da lei antitabaco.
Vidal criticou as "fatais" consecuencias que a nova normativa ocasionará neste sector.
Esta medida, que persegue a protección dos non fumadores, atenta contra o dereito daqueles que queren gozar dun cigarro nos seus momentos de lecer. Engadiu que esta situación de recorte dos beneficios sumarase á crise xeneral, polo que os negocios se verán afectados.

    

No hay comentarios:

Publicar un comentario