As farmacias da provincia de Lugo teñen un «certo problema de desabastecemento» dos medicamentos incluídos no catálogo galego, segundo sinalou a EFE a presidenta deste colectivo, Ana Prieto.
A portavoz apuntou que no denominado «prazo de convivencia», as 140 farmacias desta provincia intentarán liquidar esta situación, e ata no seu caso persoal observou «unha chea de faltas que ten o almacén, xa que de súpeto aumentou a demanda dalgúns medicamentos» que antes non eran tan requiridos.
Recoñeceu que neste momento é «difícil abastecerse», tanto por parte dos farmacéuticos como por parte da propia distribución, e ata apuntou como «insuficiente e escaso» o prazo de convivencia.
Outro dos problemas co que se atopa o colectivo farmacéutico é co exceso de existencias de medicamentos que se recetaban con regularidade e que agora non aparecen incluídos no catálogo galego, co que, lamenta, «non temos forma de dispensalos».
Cuestionou o feito de que o decreto entrase en vigor «sen uns prazos de acompasamiento», polo que cre que pode orixinar «grandes perdas económicas», tanto nas oficinas de farmacia como na distribución.
No hay comentarios:
Publicar un comentario