13 DE MAIO DE 2010

13 DE MAIO DE 2010
13 DE MAIO DE 2010: GRAZAS!!!

NOTICIAS DA SAÚDE (EUROPA PRESS)

NOVAS DA SAÚDE

NOTICIAS GALIZA



NOVAS DE GALIZA:





18 ene 2011

NOTA ASOCIACION GALEGA PARA A DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA SOBRE O COLAPSO DOS CENTROS SANITARIO GALEGOS

A Asociación Galega para a Defensa da Sanidad Pública considera que o colapso que sofren os centros sanitarios en Galicia e que afecta a servizos de urxencias, hospitais de agudos e centros de saúde pola epidemia de gripe evidencia : 
1.- As carencias e limitacións do sistema sanitario público galego, que se viron agravadas nestes dous últimos anos polas políticas de redución do gasto sanitario; a parálise do Plan de Mellora da Atención Primaria (que pretendía acabar coa falta de profesionais sanitarios, mellorar o equipamento e os recursos dos centros de saúde); da paralización da actividade de tarde e de redución de persoal nos hospitais públicos. 
2.- Evidencíase que o número de camas hospitalarias é insuficiente para afrontar unha epidemia que se repite cada ano. Ao déficit de camas de agudos engádese a práctica inexistencia de camas de atención de enfermos crónicos que poderían absorber unha parte importante das hospitalizacións de enfermos que necesitan só precisan coidados de hospitalización básica (menos custosa que a de agudos) 
3.- A nosa Asociación considera que como consecuencia destas políticas as listas de espera creceron de xeito moi importante xa que constatamos o peche de moitas delas. Por iso esiximos a publicación das listas do mes de xaneiro como se ha vendeu realizando nos últimos anos. 
3.- Advertimos novamente á cidadanía e aos profesionais sanitarios das importantes repercusións que están supondo as políticas de descapitalización do sistema público para apoiar ao sector privado e para preparar o desembarco das concesionarias na construción de novos centros sanitarios, emprendidas pola actual Xunta de Galicia 
4.- Esiximos un cambio da actual política que recorte de gasto e recursos público por outra de incremento de recursos antes de que este colapso temporal ,asociado á epidemia de gripe , transfórmese en permanente pola descapitalización do servizo público.
Pontevedra  14 xaneiro 2011



No hay comentarios:

Publicar un comentario