13 DE MAIO DE 2010

13 DE MAIO DE 2010
13 DE MAIO DE 2010: GRAZAS!!!

NOTICIAS DA SAÚDE (EUROPA PRESS)

NOVAS DA SAÚDE

NOTICIAS GALIZA



NOVAS DE GALIZA:





18 ene 2011

Pajín ofrece "dialogar" sobre a lista de fármacos

A titular de Sanidade afirma que aínda se pode evitar o recurso de inconstitucionalidade que os avogados do Estado están estudando 

 Galiciahoxe.com

Coincidindo co primeiro día en que as oficinas de farmacia de Galicia come­zaron a aplicar o catálogo de medicamentos estableci­do no decreto da Xun­ta, a ministra de Sanidade, Leire Pajín, afirmou onte no Senado que aínda non está pechada a vía do diá­logo con Galicia antes de que o Goberno decida in­terpoñer un recurso de in­constitucional contra a Lei de racionalización do gas­to farmacéutico, que dá cobertura legal á citada lista de medicamentos -con base en principios activos-.
Na súa resposta á pre­gunta directa sobre se fi­nalmente haberá recurso formulado polo senador nacionalista Xosé Manuel Pérez Bouza, a ministra de Sanidade apuntou que "pe­dín informes xurídicos ós servizos do Estado que me dirán con claridade se hai in­vasión de competencias no catálogo de medicamen­tose galego. Se é así, o Go­berno central terá que actuar", aseverou.
No entanto, Leire Pajín destacou a intención "clara e colaboradora" do seu mi­nisterio e, por iso, "desde o rigor e o diálogo", pre­cisou que "ofrecemos unha reunión coa conse­lleira (Pilar Farjas) e tendín a man unha e outra vez, e seguireino facendo as veces que faga falta".
Engadiu que no Consello Interterritorial, Goberno e comunidades autónomas "acordaron medidas de aforro", que cifrou concreta­mente para Galicia en "cen millóns de euros". A ra­cionalización do gasto sa­nitario "require medidas conxuntas e compartidas", salientou a ministra
No transcurso do de­bate co senador do BNG, Pajín escudouse en que "ter un catálogo di­ferente en cada comunidade autónoma pode caer en falta de equidade entre os cidadáns."
Pola súa banda, Pérez Bou­za recordoulle á ministra que "o BNG defendeu esta medida proposta polo PP porque é acertada. E non entendemos como desde o Ministerio se pode falar de racionalizar o gasto e ao mesmo tempo anunciar a presentación dun recurso ante o Tribunal Constitu­cional" con base en dous ar­gumentos, na súa opinión, sen consistencia. Así, sobre unha suposta invasión de competencias dixo que non a hai", porque se contem­plan todos os principios activos recollidos no no­menclátor do Ministerio; e respecto do argumento de "discriminación", tamén o descartou posto que "in­clúen todos os principios activos". Neste punto, o parla­mentario nacionalista aler­tou de se se pode despachar fár­macos fóra do catálogo ós usuarios do Sergas.
Pola súa banda Farmacéuticos galegos rexistraron onte problemas de desabastecemento "puntuais" nalgúns dos 34 principios activos incluídos no catálogo priorizado de medicamentos que entrou en vigor en Galicia o pasado 3 de xaneiro tras concluír o día 16 o período para seguir dispensando fármacos non incluídos para paliar a falta dalgún.
A presidenta do Colexio de Farmacéuticos da Coruña, Rosa Lendoiro, explicou que dende onte nas oficinas de farmacia de Galicia non poden despacharlle fármacos fóra do catálogo aos usuarios do Sergas.
Lendoiro matizou que ata o 31 de xaneiro hai un prazo "adicional" que permite unha "flexibilidade" na substitución dentro do catálogo priorizado para que, no caso de que de que unha farmacia careza dunha marca a poida substituír por outra dentro dos fármacos incluídos no financiamento.

"Colega" denuncia a ministra
A consellería de Sanidade comprometeuse co colectivo "Colega Galicia" a trasladarlle ao Ministerio de Sanidade a súa "preocupación" ante a paralización temporal da colaboración da institución que dirixe Leire Pajín con esta asociación en futuras campañas de prevención do VIH en HSH (homes que teñen sexo con homes). Así ou explicou a Xunta tras a reunión mantida onte entre o director xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, Manuel Varela, e o presidente rexional da Coordinadora de Lesbianas, Gay, Bisexuais e transexuais de Galicia (Colega), Rafael Moral. Moral informou no encontro a consellería de que o ministerio lle comunicou por carta ao seu colectivo que queda detida temporalmente a colaboración de Sanidade en futuras campañas de prevención do VIH en HSH, así como no grupo de traballo sobre prevención do VIH en HSH. A plataforma ve "lesionados os seus dereitos fundamentais" polo cal demandou "por prevaricación" o director xeral de Saúde Pública así como a ministra de Sanidade.

      

Pajín ofrece diálogo antes de paralizar la lista de Farjas (El Correo Gallego)

 

     

No hay comentarios:

Publicar un comentario