13 DE MAIO DE 2010

13 DE MAIO DE 2010
13 DE MAIO DE 2010: GRAZAS!!!

NOTICIAS DA SAÚDE (EUROPA PRESS)

NOVAS DA SAÚDE

NOTICIAS GALIZA



NOVAS DE GALIZA:





23 feb 2011

Catálogo: a polo "pacto"

Xunta e Estado buscarán unha solución xurídica que salve a iniciativa galega de racionalización do gasto ·· Con todo, nin Pilar Farjas recúa nin Pajín retirará o recurso 

 

Xornal de Galicia


Ministra e conselleira de Sanidade iniciaron onte o debate sobre o catálogo priorizado de medicamentos se chegar a acordo. A primeira non pensa botarse atrás co recurso, que segue en marcha. A segunda, malia as presións, non acepta paralizar a iniciativa galega de racionalización do gasto. Con todo, Leire Pajín puxo sobre a mesa unha vía intermedia para buscarlle unha "solución xurídica" á que consideran unha "medida inconstitucional": crear unha mesa de traballo cos servizos xurídicos do Estado e do Goberno galego de forma conxunta. Unha proposta recollida pola conselleira Farjas, que queda á espera dunha data de convocatoria para dita reunión.
Nun encontro na sede madrileña do ministerio, onte á mañá, a titular autonómica de Sanidade defendeu ante a responsable do departamento estatal a financiación priorizada de medicamentos que, desde o mes pasado, practica o Servizo Galego de Saúde (Sergas): o noso sistema público só subvenciona os compostos de menor prezo para 34 principios activos do Nomenclátor. E fíxoo cos datos na man. Algúns xa coñecidos, como os 3,9 millóns aforrados na factura farmacéutica en xaneiro desde que comezou a aplicación total do catálogo, o día 17, ata que rematou o mes. Sumando esa cifra á rexistrada entre o 3 e o 17, período de adaptación do novo modelo de financiamento farmacolóxico, a ganancia ascendeu a 9,2 millóns.
A esas contías sumoulle onte, como dato novidoso, os 4.617.000 euros que a administración galega aforrou no que vai de mes, ata o pasado día 18. Así llo expuxo Farjas á ministra, ante a que mantivo onte a mesma postura que veu defendendo meses atrás: o catálogo é unha "medida leal, legal, solidaria e eficiente", á vez que "necesaria" e beneficiosa para a poboación.
Leire Pajín, pola súa parte, tampouco se botou atrás nas consideracións que a levaron a presentar, o pasado día 11, o recurso contra o catálogo ante o Tribunal Constitucional (TC) por considerar que rompe co principio de igualdade, ademais de denunciar a invasión competencial, pola que decidiu exporlle un conflito positivo de competencia ao Goberno autonómico galego.
Neste sentido, o secretario xeral de Sanidade do ministerio, José martínez Olmos, anunciou, en declaracións recollidas por Europa Press, que os servizos xurídicos estatais e da Xunta se porán a traballar "inmediatamente" para buscar "solucións xurídicas" á "discrepancia competencial", ao tempo que confirmou que o recurso "segue sobre a mesa", aínda que deixou a porta aberta a "outras decisións". Recalcou, asemade, que lle trasladarán á Xunta os aspectos denunciables do catálogo "por se considera oportuna algunha modificación que permitise que a norma fose aceptable". Non contemplan, con todo, e así o aclarou Olmos, a aplicación do catálogo priorizado ao resto do Estado.

O impacto: un 60% maior que os prezos de referencia
Tirapuxa tamén o houbo en tema numérico ao redor da mesa que ocuparon onte as diferentes partes convocadas: Pajín á cabeza, Olmos nunha banda da mesa, e Farjas na outra, acompañada pola directora de Asistencia Sanitaria do Sergas, Nieves Domínguez. A delegación galega defendeu, por boca da conselleira, que o catálogo ten un impacto un 60 por cento maior ao dos prezos de referencia, iniciativa estrela defendida en Madrid e que, segundo defendeu onte Olmos, lle permite ao Estado un aforro que acada os 1.000 millóns anuais.

Os números 
O Servizo Galego de Saúde (Sergas) incidiu onte no aforro acadado en xaneiro, que foi de 9,2 millóns de euros na factura farmacéutica en comparación co mesmo mes do ano anterior, o que representa unha redución do 11,4 por cento. Respecto de de­cembro do 2010, a administración sanitaria galega gastou 6,5 millóns de euros menos en subvencionar receitas.
Durante o ano pasado, no entanto, a factura farmacéutica, o crecemento interanual de gasto farmacéutico situouse nun 0,7 por cento, porcentaxe que supón case estabilizar ese gasto fronte ao 7% de aumento que rexistraba en anos anteriores, e que representa, segundo asegura a consellería dirixida por Farjas, o mellor dato desde que se transferiron as competencias de sanidade á comunidade.
Finalmente, e respecto do gasto por receita, en decembro do 2010 ascendía a 13,4 euros, mentres que, tras a aplicación do catálogo, se reduciu en xaneiro a 12,7 euros.

Propostas autonómicas
-Farjas solicitoulle á ministra a aplicación do sistema anterior ao 2006 de revisión de prezos inmediata unha vez que se superan os dez anos da patente, que é o modelo utilizado actualmente en Europa.

-Tamén aproveitou a xuntanza para propoñerlle a Leire Pajín que o seu ministerio lles permita ás comunidades autónomas -por seren as que pagan as facturas farmacéuticas- organizar as súas iniciativas de eficiencia, como o catálogo galego, "que mantén as coberturas terapéuticas", defendeu Pilar Farjas.

-Entre as súas propostas, a conselleira destacou a importancia de que exista acordo no Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde (CISNS) para a aprobación de financiamento de novos fármacos. Pilar Farjas avogou así mesmo pola participación das diferentes comunidades autónomas na fixación de prezos, previo estudo do custo-beneficio de cada nova incorporación ao Nomenclátor Nacional de innovacións e novidades terapéuticas.

A vontade de diálogo
A titular autonómica de Sanidade viaxou onte ata Madrid invitada, non sen tempo, pola ministra do ramo, Leire Pajín. Ata catro peticións de encontro lle remitira anteriormente a conselleira sen obter resposta ningunha desde o ministerio. Finalmente, a semana pasada chegoulle o e-mail co que Leire Pajín a convocaba á reunión, que se produciu onte, cando o catálogo priorizado de medicamentos leva xa mes e medio funcionando. A medida, contemplada na Lei de racionalización do gasto que o Parlamento galego aprobou en decembro -cos apoios de PPdeG e BNG-, entrou en vigor o 3 de xaneiro. Con todo, permitíuselle un período de convivencia co anterior sistema. Así, o día 17 de xaneiro empezou a funcionar ao cento por cento.

  

No hay comentarios:

Publicar un comentario