13 DE MAIO DE 2010

13 DE MAIO DE 2010
13 DE MAIO DE 2010: GRAZAS!!!

NOTICIAS DA SAÚDE (EUROPA PRESS)

NOVAS DA SAÚDE

NOTICIAS GALIZA



NOVAS DE GALIZA:





23 feb 2011

Pajín negociará o catálogo coa Xunta pero non retira o recurso

Os servizos xurídicos do Ministerio e a Consellería de Sanidade bucan un acordo para “avanzar conxuntamente” e evitar que o litixio siga adiante

 Xornal de Galicia




O Ministerio está disposto a negociar. Tras interpoñer un recurso de inconstitucionalidade contra o catálogo galego de medicamentos –que desde o 3 de xaneiro só permite que o Sergas financie os fármacos máis baratos– hai tan só dúas semanas, a ministra de Sanidade, Leire Pajín, mostrou onte a súa vontade de chegar a un acordo coa Xunta e evitar o litixio. Non obstante, o Goberno central non retirará polo momento a denuncia ante o Tribunal Constitucional, na que se argumenta que esta medida “discrimina” aos galegos, rompe “a igualdade de acceso á prestación farmacéutica” e “vulnera competencias estatais”.
A conselleira de Sanidade, Pilar Farjas, anunciou este principio de acordo co Goberno central a saída dunha reunión coa ministra, na que Pajín propuxo a creación dunha mesa de traballo cos servizos xurídicos do Estado e da Xunta para buscar unha solución xurídica á inconstitucionalidade do catálogo. Deste xeito, mostrouse confiada respecto á convocatoria dunha reunión dentro da mesa de traballo nos próximos días, na que espera “avanzar conxuntamente” para evitar que o litixio siga adiante.
Pese ao acercamento o secretario xeral de Sanidade, José Martínez Olmos, precisou que o recurso ante o TC “segue sobre a mesa”, aínda que indicou que os servizos xurídicos do Estado e da Xunta poránse a traballar “inmediatamente” para buscar “solucións” á “discrepancia competencial” entorno ao catálogo. Así, de chegar ao consenso, Olmos indicou que se poderían tomar “outras decisións”.
Na mesa de traballo abordarase cales son, en opinión dos servizos xurídicos da Administración Xeneral do Estado, os aspectos que fan que a normativa galega invada as competencias, así como as modificacións oportunas para facer que a norma galega se adecúe ao marco competencias da Xunta.
A conselleira de Sanidade tamén aproveitou a reunión de onte para anunciar as últimas cifras do catálogo de fármacos, que entre o 1 e o 18 de febreiro obtivo un aforro de 4,6 millóns de euros. Este dato –logrado coa medida implantada ao 100%– supón unha rebaixa da factura duns 95 millóns ao ano, uns trece millóns menos do previsto pola Consellería ao impulsar a norma.
Doutra banda, o goberno tamén fai propios estes datos, que vincula á rebaixa dos prezos dos fármacos decretada polo Ministerio. A conselleira, confirma en parte a orixe do aforro e mantén que o catálogo aporta o 60%. Así, a lista rebaixaría a factura nuns 57 millóns de euros ao ano, case a metade dos 112 millóns anunciados pola Xunta ao aprobar a medida.

  
Reino Unido estudou un listado similar ao catálogo galego de medicamentos


  

No hay comentarios:

Publicar un comentario