13 DE MAIO DE 2010

13 DE MAIO DE 2010
13 DE MAIO DE 2010: GRAZAS!!!

NOTICIAS DA SAÚDE (EUROPA PRESS)

NOVAS DA SAÚDE

NOTICIAS GALIZA



NOVAS DE GALIZA:





4 mar 2011

CAPADOS NO HOSPITAL DE MONFORTE

CIG-saúde Monforte


Chegou o Xerente e mandou parar!!!
O que nos faltaba por ver. Resulta que o sr. Xerente como minte co das listas de espera e na C.I.G. llo rebatimos, pensa que son os administrativos os que nos informan e non se lle ocorre mellor idea que capar os ordenadores para que se  non poida acceder á opción consulta de citas programadas, cando esto é unha ferramenta que utilizan para facer o seu traballo.
Pois ben sr. Xerente voulle dicir como nos enteramos das cousas, é moi sinxelo, Monforte é un pobo pequeno no que todos temos coñecidos que nos veñen a dicir por exemplo:
-Fun pedir cita para rehabilitación e dinme que si non me poñen cruces co grado de gravidade(é dicir si é un volante normal) non me van atender neste ano.
-Fun preguntar canto tempo tardarán en chamarme para operarme é dinme que mínimo cinco ou seis meses.
E así ata o infinito e mais alá.
Non estamos na época de Franco,vostede prometeu cando chegou facer un Hospital do século XXI e o que está a facer é un Hospital tipo anos corenta.
Así que sr. Xerente deixe de caparnos utilizando métodos mais propios de outros tempos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario