O Barómetro de Sondaxe dá un balón de osíxeno ao Sergas no seu propósito de impulsar o catálogo de xenéricos, pero tamén un toque de atención pola visión negativa que teñen moitos galegos sobre o seu sistema sanitario. Un 19,6% dos consultados cren que a sanidade empeorou un pouco no último ano, mentres que outro 17,3% sosteñen que se deteriorou moito. Por contra, só un 4,8% perciben unha mellora notable no servizo, ao que hai que sumar un 22% de galegos que recoñecen unha melloría leve. Hai un terceiro grupo de poboación (31%) que afirma que a calidade do sistema é a mesma que hai un ano.
A análise por provincias mostra que o maior número de descontentos localízase en Lugo, onde ata un 46% dos veciños perciben algún tipo de desgaste no sistema sanitario, unha situación que o Sergas espera enxugar coa posta en marcha do novo hospital Lucus Augusti.
Os cidadáns máis satisfeitos están en Ourense, onde un 34% da poboación advirte algún grao de melloría e só un 26% distingue unha deterioración, o nivel máis baixo de entre as catro provincias galegas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario