13 DE MAIO DE 2010

13 DE MAIO DE 2010
13 DE MAIO DE 2010: GRAZAS!!!

NOTICIAS DA SAÚDE (EUROPA PRESS)

NOVAS DA SAÚDE

NOTICIAS GALIZA



NOVAS DE GALIZA:





13 mar 2011

Farjas cre que a ela compételle excluír fármacos e a Pajín o copagamento

“Non hai vontade de acordo”, di a responsable galega; “A Zapatero só lle interesa o beneficio das farmacéuticas”, engade

Xornal de Galicia


Os Goberno central e autonómico seguen sen achegar posturas no referente ao catálogo priorizado de medicamentos. A conselleira de Sanidade, Pilar Farjas, reafirmouse onte na súa posición sobre este tema no programa A entrevista da Radio Galega. A responsable autonómica opina que seleccionar os medicamentos subvencionados polo sistema sanitario é unha competencia autonómica, mentres que corresponde ao Estados autorizar modelos de de financiamento como o copagamento, unha medida que autonomías como Cataluña puxeron riba da mesa e que xa foi rexeitada.
“Sen retirada do recurso non hai posibilidade de acordo porque a condición que pon o ministerio é a anulación dos catro artigos para os que o interpuxeron”, dixo Farjas, que asegurou que a Xunta aposta pola sostibilidade da sanidade autonómica e a contención da factura farmacéutica. “O Goberno de España entende que isto é unha confrontación entre o España e Galicia e iso é unha confusión clarísima do señor Zapatero”, afirmou, para culpalo de non liderar as medidas para garantir o financiamento da sanidade. “O único interese que reiteraron é o dos beneficios do sector farmacéutico”, engadiu.
“Non hai vontade de acordo por parte do Goberno de España. Se estas son competencias nacionais, é suficiente con que adapte a España o catálogo ou reforme o sistema de prezos de referencia”, sinalou. Tamén interpretou que o auto no que o Tribunal Superior non suspende o listado por falta de evidencias que o aconsellen é unha mostra de apoio.
A pesar desta postura, Farjas cre que medidas como o copago si son asunto da ministra de Sanidade Leire Pajín. “É unha competencia do Goberno de España, non está na mesa do de Galicia e non lle compete”, dixo.

     

No hay comentarios:

Publicar un comentario