13 DE MAIO DE 2010

13 DE MAIO DE 2010
13 DE MAIO DE 2010: GRAZAS!!!

NOTICIAS DA SAÚDE (EUROPA PRESS)

NOVAS DA SAÚDE

NOTICIAS GALIZA



NOVAS DE GALIZA:





8 mar 2011

I CAN´T GET NO SATISFACTION!!!

Cig-saúde Monforte


Bo día Sr. Xerente, como sabemos que é lector asiduo da nosa páxina, voulle facer unha proposta. Por qué non fai un cuestionario de satisfación do persoal coa Dirección? Así decataríase de que ninguén está satisfeito con vostede. Nin os usuarios, nin moito menos o persoal.
 Así que deixese de cutre-enquisas facilmente manipulables, onde se introduce o cuestionario nunha caixa de cartón, (que non controla ninguén) e que non sabemos quén  abrirá, nin como se  van dar eses datos. Viva a transparencia. Esto recórdame talmente a enquisa que se fixo nos colexios có decreto do galego. Supoño que fan esto para poder decir que non hai listas de espera xa que unha das preguntas é "canto tempo trascorreu desde que lle pediron esta proba ata a súa realización?" Pero si esto xa o saben, son vostedes os que dan a cita e os que reciben ao doente cando a pide!!!!Compre ser parvos...
 Por outra banda, vexo que a enquisa é bilingüe, decepcioname un pouco que non sexa trilingüe como dixo o Sr.Feijoo.
 Tamén teño outra proposta que facerlle.Como xa dixemos antes,vostede lé a nosa páxina, outro tema xa é a comprensión, o mellor é porque está escrita en galego. Si é así fáganolo saber que lla traducimos para que poida tomar nota e mellorar os contratos de especialistas, mellorar as listas de espera contratando os radiólogos que veñen pedindo traballo e ós oftalmólogos que so ten para facer gardas e lle oferta contratos propios da esclavitude.
Por certo supoño que esto o vai ler a semá que ven, xa que leva dous días sen aparecer polo hospital e imaxino que fará ponte.
 Así que Sr. Xerente voulle decir algo que xa hai moitos anos dixeron os ROLLING I CAN'T GET NO SATISFACTION....


   

No hay comentarios:

Publicar un comentario