O programa Mobilízate, de V Televisión, estreará hoxe a súa segunda tempada coa emisión, ás once da noite, dunha reportaxe dedicada á problemática da atención sanitaria vista desde a óptica dos colectivos sociais. A Plataforma en Defensa dá Sanidade Pública de Monforte será unha das dúas asociacións cuxos integrantes terán a oportunidade de expor as súas inquietudes e puntos de vista na nova entrega deste espazo televisivo.
O programa foi gravado e finais do pasado mes de decembro e para as tomas seleccionáronse algúns dos espazos máis representativos de Monforte. Polas cámaras de V Televisión desfilaron os portavoces da plataforma e axentes socioeconómicos da comarca, que abordan nas súas intervencións a problemática da área sanitaria do sur de Lugo e as súas perspectivas de futuro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario