13 DE MAIO DE 2010

13 DE MAIO DE 2010
13 DE MAIO DE 2010: GRAZAS!!!

NOTICIAS DA SAÚDE (EUROPA PRESS)

NOVAS DA SAÚDE

NOTICIAS GALIZA



NOVAS DE GALIZA:





8 mar 2011

«Mobilízate» estrea nova tempada con máis causas xustas

O programa, que reivindica causas nobres a través de «flash-mobs», regresa esta noite ás 23.00 horas con aires renovados.

Mobilízate, o programa de V Televisión que reivindica causas nobres a través de flash-mobs (accións organizadas nas que un grupo de persoas fan algo inusual na rúa e, a continuación, dispérsanse) regresa hoxe (23.00 horas) cunha nova tempada e aires renovados. O programa amplíase ata os 45 minutos, nos que se presentarán as dúas causas que se reivindican, nun espazo que finalizará con accións espectaculares e rechamantes.
Na primeira entrega, Mobilízate viaxa ata Salceda de Casales e Monforte, onde os seus habitantes teñen unha reivindicación común: a mellora dos servizos sanitarios. No municipio pontevedrés, do que é orixinario Martin Sheen, queren recuperar o servizo de urxencias que se suprimiu polas tardes e durante o fin de semana. No lucense de Monforte tamén protestan para que non se eliminen prestacións médicas. E farano dun xeito singular, como é bailando polas rúas, co obxectivo de que a Administración se pronuncie sobre a súa demanda.
A esencia deste programa é a de ofrecer a posibilidade aos galegos de canalizar algunhas das súas reclamacións. Para iso, ten aberta unha liña de contacto cos colectivos interesados en participar, a través do correo mobilizate@vtelevisión.é, onde poden explicar o motivo da súa reivindicación.


  

No hay comentarios:

Publicar un comentario