13 DE MAIO DE 2010

13 DE MAIO DE 2010
13 DE MAIO DE 2010: GRAZAS!!!

NOTICIAS DA SAÚDE (EUROPA PRESS)

NOVAS DA SAÚDE

NOTICIAS GALIZA



NOVAS DE GALIZA:





6 feb 2011

Declaración da FADSP ante a decisión do goberno de recurrir o catálogo de fármacos de Galiza

La Federación de Asociaciones para la Defensa de la Sanidad Publica ante la decisión del gobierno de recurrir ante el Tribunal Constitucional la puesta en funcionamiento del catalogo de fármacos en Galicia, tiene que señalar:

1)     El elevado gasto farmacéutico es el principal problema para la sostenibilidad del Sistema Nacional de Salud y su rebaja es por lo tanto imprescindible y urgente, sobre todo en un momento de crisis económica.
2)     El catalogo de fármacos aprobado en Galicia recogía una antigua reivindicación de la FADSP: que el Sistema Sanitario Público solo financiara el medicamento que con igual principio activo sea el mas barato del mercado, porque sin alterar la calidad de la prescripción favorece el control del gasto-
3)     Es evidente, no obstante, que es el Ministerio de Sanidad el que tiene la competencia exclusiva sobre la prestación farmacéutica y que por lo tanto es mas que probable que el recurso del gobierno sea formalmente razonable.
4)     También que una medida de este tipo debería de haberse gestionado en el seno del Consejo Interterritorial y haberse aplicado para el conjunto del SNS.
5)     Resulta también sorprendente que sea un gobierno del PP, partido que se caracteriza por sus alharacas y declaraciones sobre la “ruptura” de la unidad de España y sobre la necesidad de restringir las competencias de las CCAA, los que, a la primera ocasión hacen exactamente todo lo contrario de lo que predican.
6)     Por otro lado conviene recordar que en Galicia el gobierno del PP esta embarcado en varios proyectos de construcción de hospitales por el modelo PFI(publico-privado) que tienen un sobrecoste de 5-6 veces y que llevan a la Comunidad Autónoma a una situación económica difícilmente sostenible


Federación de Asociaciones para la Defensa de la Sanidad Pública
6 de Febrero de 2011

Munición pesada na guerra polo catálogo de fármacos

O recurso contra o catálogo "pon en perigo os futuros hospitais", denuncia Alfonso Rueda, quen acusa ao Goberno central de posicionarse do lado das multinacionais 

 

 Galicia Hoxe


A cúpula da Xunta do PPdeG saíu onte en defensa do catálogo priorizado de medicamentos contra o que o Goberno central aprobou presentar un recurso de inconstitucionalidade. Unha decisión que "pon en grave risco" os futuro hospitais e centros de sáude, alertou onte o conselleiro da Presidencia, Alfonso Rueda, quen acusou o Executivo estatal de poñerse da parte dos intereses da industria farmacéutica. Unha denuncia que compartiu onte o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, para quen o Goberno de Zapatero "confunde equidade con discriminación". No entanto, desde o ámbito ministerial, o titular do departamento de Fomento, José Blanco, acusou o PPdeG de "hipocrisía" por defender unha España unida e logo escudarse no poder autonómico para apartarse das normas acadadas con consenso estatal.
Así as cousas, o conselleiro de Presidencia Alfonso Rueda, asegurou que o recurso pon "en grave risco o empeño" da Administración autonómica en seguir construíndo hospitais e centros de saúde. "Os "300.000 euros diarios que se aforrarían" coa medida, apuntou, servirían para financiar os hospitais que o Executivo galego vai construír en Lugo, Pontevedra e A Coruña, así como os centros de saúde.
No entanto, o tamén secretario xeral dos populares galegos defendeu que "o cento por cento dos fármacos van seguir sendo sufragados pola Xunta", aínda que sinalou que "pagar o cento por cento dos fármacos non significa pagar o cento por cento das marcas". Dito isto, lamentou que o Goberno central "coinciden integramente" cos das multinacionais farmacéuticas, cuxos intereses defende, denunciou Rueda.
Pola súa banda, desde as filas socialistas se pronunciou onte, desde Lugo, o ministro de Fomento, o galego José Blanco, quen afirmou este sábado que "non hai ningunha razón para discriminar" co catálogo do Sergas e considerou "grave" que os galegos non teñan acceso ós "mesmos" fármacos que o resto de cidadáns de España. "A conferencia sectorial que se realizou no conxunto de España establecía uns criterios para aforro farmacéutico de todas as comunidades autónomas, cos medicamentos que se tiñan que dispensar en todas, polo tanto hai unha formulación uniforme para toda España. Iso que tantas veces reivindica o PP e que creba nunha comunidade onde gobernan", o que representa, segundo subliñou Blanco, unha mostra da "habitual hipocrisía" do Partido Popular.
No entanto, o presidente Feijóo acusou o Estado de "confundir equidade con discriminación". Nesta liña, aclarou que "discriminación é non apoiar o Xacobeo; é aprobar un decreto do carbón en contra dos intereses das 3.500 familias que viven das térmicas das Pontes e Meirama; é que o AVE vaia chegar a Galicia tres décadas despois que a Andalucía; e é que o Goberno central fixese todo o posible porque non houbese caixa galega, e que agora que a hai, decida que xa non quere caixas", recriminou Feijóo. "A equidade para Zapatero é que Galicia saia perdendo", criticou Feijóo.

A supervivencia do sistema público: unha fronte política aberta
O recurso do Executivo contra o catálogo galego de medicamentos abriu unha nova fronte entre os principais partidos -PSOE e PP-, que se botan en cara a ruptura da equidade do Sistema Nacional de Saúde (SNS), nun momento en que a crise económica ameaza a sustentabilidade do modelo público. A secretaria de Benestar Social do PSOE, Marisol Pérez, censurou que líderes do Partido Popular como Rajoy ou Aznar cuestionen o modelo autonómico cando unha comunidade como Galicia, onde goberna ese partido, se atreve a "invadir" as competencias exclusivas do Estado para decidir que medicamentos financian as arcas públicas.
No entanto, desde o PP, a vicepresidenta segunda do Congreso e coordinadora de Política Social, Ana Pastor, argumentou que o presidente da Xunta emprendeu unha política de aforro farmacéutico "por falta de iniciativa do Goberno socialista", que permite un aforro diario de máis de 300.000 euros, asegurou.
"O PP estanos deixando a todos estupefactos e patidifusos, é un sensentido o que están dicindo", opinou a responsable socialista, á vez que recordou que tamén Madrid, baixo goberno popular, rompeu o consenso do calendario vacinal do Estado. "Están o señor Aznar e uns cantos dicindo que o Estado autonómico é inviable, que se ten duplicidades, que se isto rompe España, e resulta que Galicia, co presidente Feijóo, que vai de moderado pola vida, aproba un catálogo de medicamentos que invade as competencias do Goberno".
Pérez recordou que os conselleiros do PP se comprometeron no Consello Interterritorial de Saúde a respectar un pacto pola Sanidade e subliñou que, se o creban, isto "non ten nada que ver co modelo autonómico, que non está en cuestión".
A socialista pediulle "lealdade institucional" ao PP e que non se escuden "na escusa do aforro nin na situación de crise", ante a que o Executivo tomou medidas "importantísimas" como a diminución do custo dos xenéricos, a actualización dos prezos de referencia ou a creación dunha central de compras para aforrar gastos.
Pola súa banda, Ana Pastor expuxo que "durante os últimos 7 anos, o Goberno non desenvolveu unha política farmacéutica coordinada e as súas medidas fracasaron na consecución dos obxectivos de redución do gasto sanitario", denunciou.
Ante esta situación, o PP rexistrará na Cámara unha iniciativa lexislativa para instar o Executivo para que defina unha "nova política" que incorpore o sistema de prezos de referencia que fixaba a Lei de 2003, unha medida "posposta" polos socialistas, e que lograría un aforro de 500 millóns de euros anuais.
O PP pide a participación "real" das comunidades na revisión do nomenclátor oficial de fármacos, especialmente para efectos da incorporación de novos produtos. "As comunidades están tomando medidas polo desastre de política económica do señor Zapatero, que as levou a unha situación financeira ó límite, e pola ausencia de liderado do Ministerio de Sanidade", apostilou. O PP quere combater ademais os desequilibrios territoriais en recursos humanos e, por iso, impulsará outra iniciativa para instar o Goberno para executar as obrigacións que lle esixe a lexislación.

O BNG reclama o dereito a aforrar
O voceiro nacional dos nacionalistas galegos, Guillerme Vázquez, reiterou onte, sábado, o apoio ao catálogo priorizado de medicamentos galego -que saíu adiante no Parlamento grazas ao apoio do BNG- contra o que o Goberno central aprobou un recurso de inconstitucionalidade, e subliñou que "Galicia ten dereito, porque ten competencias en sanidade, a aforrar gasto sanitario pola vía de utilización de xenéricos".
"Estamos en contra, absolutamente, do recurso presentado polo Goberno central, pero tamén convén dicir que o PP entra en contradición coas súas propias afirmacións", afirmou Vázquez momentos antes de participar nun encontro con pensionistas en Lugo.
"O argumento dado por Ru- balcaba para xustificar o recurso é a mesma xustificación que o Partido Popular utiliza día si e día tamén. É dicir, hai que igualar todo, nun igualitarismo absurdo", manifestou. Nesta liña, Guillerme Vázquez recalcou que o BNG considera que "fai falta máis autogoberno, máis capacidade real de decisión". "Non podemos estar sometidos constantemente á arbitrariedade do Goberno central, simplemente porque ao final Galicia non pode decidir sobre unha cuestión tan básica e elemental e, tan razoable, como aforrar gasto sanitario vía utilización de xenéricos", concluíu.

Bloque y PP unen fuerzas en la 'guerra' del catálogo (El Correo Gallego)

 

 

Blanco, sobre el catálogo: 'Dicen que hay que unificar y hacen lo contrario'

  • 'Es una quiebra del principio de igualdad ante el uso de medicamentos'
  • Desvincula la apertura del puente sobre el Miño en Lugo de la cita electoral
  • El viaducto estará abierto el 24 de junio; el puente romano será rehabilitado
  • Manifiesta que las expectativas electorales para la provincia 'son positivas'
El Mundo




José Blanco consideró la reacción de la Xunta de Galicia por el recurso del Gobierno Central al catálogo de fármacos, "una muestra más de la hipocresía del PP a la que nos tiene sometidos". Así lo manifestó en un acto institucional en Lugo, donde recordó que la propia Conferencia Sectorial de Sanidad establecía criterios de ahorro farmacéutico y un listado de medicamentos a dispensar, un planteamiento uniforme para todos "que el PP decide quebrar allí donde gobierna", añadió.
"Dicen que hay que unificar y a la primera de cambio practican donde gobiernan lo contrario de lo que predican para el conjunto de España". "Forma parte de la habitual hipocresía del PP", sentenció Blanco, quien definió como "grave" que los ciudadanos de Galicia no tengan acceso a los mismos medicamentos que los de otras comunidades. "Es una quiebra del principio de igualdad ante el uso de medicamentos que rompen aquellos que dan lecciones de patriotismo, que ya sabemos que es de pacotilla, y esto es buen ejemplo de ello", remarcó.
Blanco lamentó que sean los ciudadanos los que tengan que "pagar las consecuencias de una mala gestión", aunque manifestó su confianza en la Justicia. "Estoy seguro que el Tribunal Constitucional dará la razón al Gobierno de España. No se puede quebrar el principio de que todos los ciudadanos tengan acceso a los mismos medicamentos y Galicia no puede ser una excepción".

  

Rueda acusa a Zapatero de apoyar a las farmacéuticas

Blanco tilda de hipócrita la posición de la Xunta y afirma que el catálogo quiebra la igualdad en el derecho a la salud


La Xunta y el Gobierno se enzarzaron ayer en un cruce de acusaciones sobre la decisión del Ejecutivo de Zapatero de presentar un recurso de inconstitucionalidad contra el catálogo de medicamentos con el que Galicia ahorra 300.000 euros al día en la factura farmacéutica. El conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda, reprochó al Gobierno que se ponga del lado de la industria y en contra de los gallegos. La réplica llegó del ministro de Fomento, José Blanco, que tildó de hipócrita la posición de la Xunta.
Rueda arremetió con dureza contra el Ejecutivo y volvió a culpar al presidente de perjudicar los intereses de los gallegos. «Galicia ten que saber que Leire Pajín, Rodríguez Zapatero e o resto dos ministros queren que os cidadáns gasten máis en medicamentos do que gastan agora, que paguen máis polo mesmo», denunció. El conselleiro, que aseguró que la Xunta «dará batalla» en defensa del catálogo, criticó que las multinacionales del sector tienen en el Gobierno central «o máis leal aliado», ya que la Moncloa emplea el mismo argumentario que las farmacéuticas para cuestionar la ley aprobada en el Parlamento gallego.
En contra de la tesis del Gobierno de que el catálogo trunca el acceso en igualdad a los medicamentos, Rueda matizó que la Xunta pagará los mismos fármacos que en el resto de las comunidades, pero defendió que, entre dos medicamentos con el mismo principio activo, optará por la marca más barata, «e non a que queran as multinacionais». Recordó que la Xunta quiere emplear los 100 millones al año que reportará el catálogo en construir los hospitales de Vigo y Pontevedra, y en 30 nuevos centros de salud. El BNG también consideró inaceptable el recurso.
José Blanco respondió a la Xunta en Lugo y en A Coruña. Explicó que los criterios de ahorro se acordaron en la conferencia sectorial para toda España, lo que garantiza a los gallegos los mismos medicamentos que al resto de los españoles. «Pero Galicia rompe ese acuerdo y quiebra un principio de igualdad de oportunidades ante un derecho fundamental, que es el derecho a la salud», aseveró. Blanco imputó al PP un «patriotismo de pacotilla».

     

5 feb 2011

Branco considera unha «hipocrisía» a reacción do PP ante a decisión do Goberno de recorrer o catálogo de medicamentos

O ministro entende que a decisión da Xunta supón «unha quebra do principio de igualdade ante o uso de medicamentos para todos os españois».

La Voz de Galicia

O ministro de Fomento e vicesecretario xeral do PSOE, José Blanco, considerou unha «hipocrisía» a reacción do Goberno de Galicia e o Partido Popular ante a decisión do Goberno Central de presentar un recurso contra o catálogo priorizado de medicamentos da Xunta.
Así o expuxo no transcurso da visita que realizou ás obras dunha nova ponte en Lugo, onde recordou que a conferencia sectorial que se realizou no conxunto de España establecera uns criterios para o aforro farmacéutico de todas as comunidades autónomas cos medicamentos que se tiñan que dispensar en cada comunidade.
Isto serviulle para remarcar que existe unha formulación uniforme para toda España, «iso que tantas veces reivindica o PP» e que, agregou, «quebra, precisamente, nunha comunidade onde goberna o PP», aínda que, insistiu, «iso forma parte da hipocrisía do PP».
Con todo, considerou máis grave que os cidadáns de Galicia non puidesen ter acceso aos mesmos medicamentos que aquelas persoas que viven noutras comunidades, o cal, incidiu, resúltalle «grave», sobre todo cando xa había criterios para aforrar.
«O que non hai é ningunha razón para discriminar e para non garantir a igualdade dos cidadáns ante o uso dos medicamentos», salientou Branco.
O ministro entende que a decisión da Xunta supón «unha quebra do principio de igualdade ante o uso de medicamentos para todos os cidadáns españois, que creban precisamente quen todos os días están a dar leccións de patriotismo».
O político socialista concluíu afirmando que os cidadáns galegos «non teñen que pagar as consecuencias dunha mala xestión», e móstrase seguro de que o Tribunal Constitucional dará a razón ao Goberno central, «xa que non se pode crebar un principio como o de que todos os cidadáns, vivan onde vivan, teñen dereito aos medicamentos».

    

Farjas obvia o recurso de Sanidad e mantén o listado de fármacos

Os socialistas consideran o recurso “unha boa noticia para o país” e o BNG pedirá a Pajín que explique a decisión no Congreso dos Deputados

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) considerou unha “decisión política” o recurso de inconstitucionalidade aprobado onte polo Consello de Ministros contra a lei de Galicia pola que se puxo en marcha o catálogo priorizado de medicamentos. Ademais, a Xunta ratificou que “está en vigor e seguirá mentres non exista comunicación do Tribunal Constitucional”.
Nunha rolda de prensa na que estivo acompañada por todos os altos cargos da Administración sanitaria galega, a conselleira de Sanidade, Pilar Farjas, subliñou que o anuncio de “seguir adiante co recurso” non cambia a aplicación do catálogo e “non modifica a situación de legalidade” actual. Subliñou que a decisión do goberno de José Luis Rodríguez Zapatero e do Ministerio de Sanidade “ten como único obxectivo recorrer un catálogo aprobado polo Parlamento de Galicia” e “é un exemplo claro de incoherencia”.
O informe do Consello de Estado alude, porén, a que non respecta principios constitucionais e a que vulnera normas como a lei xeral de sanidade ou a lexislación sobre prescripción, que é competencia estatal, como explicaba o maxistrado A. Villagómez nun artigo de opinión publicado en Xornal de Galicia baixo o título A lei do gasto farmacéutico.
Con todo, Farjas insistiu en que “Galicia financia os mesmos medicamentos que calquera comunidade”e avogou por “non confundir unha marca co principio activo”. Por iso, insistiu en que o “Ministerio de Sanidade é o grande ausente nun momento decisivo da sostenibilidade da sanidade” e indicou de “preocupante” que a ministra do ramo, Leire Pajín, nun contexto de crise decida “ir contra unha lei do Parlamento galego, contra a Xunta e contra a sanidade pública”.
Insistiu en que a medida permite aforrar uns 300.000 euros diarios e en que a comunidade “financia os mesmos medicamentos que calquera outra”, xa que, matizou ao organismo que autoriza os fármacos a dispensar “é a Axencia Española do Medicamento”, que depende do Ministerio de Sanidade.
Nesta liña, Farjas criticou que o Goberno “fomenta que as comunidades gasten máis en medicamentos mentres hai alternativas máis eficientes”. Deste modo, afirmou que o Goberno “trata de penalizar a Galicia”. A Xunta agora “espera con prudencia” a coñecer os fundamentos xurídicos do recurso, indicou.
Porén, o PSdeG considera que o anuncio do Goberno é a “confirmación” de que o listado da Xunta atenta contra o Sistema Nacional de Saúde (SNS).

MENOS PRESTACIÓNS
O secretario xeral do PSdeG, Manuel Pachi Vázquez, sinalou que o recurso anunciado polo Consello de Ministros era “unha boa noticia para os enfermos deste país”.
Na presentación do candidato socialista á Alcaldía de Burela (Lugo), Alfredo García, o dirixente do PSdeG insistiu en que o catálogo é “totalmente ilegal”, xa que, “baixo o paraugas do aforro farmacéutico”, se suprime o dereito dos galegos “a máis de 400 medicamentos” aos que si poden acceder o resto de cidadáns do Estado. “Non é xusto”, dixo.
Tamén o portavoz de Sanidade do PSdeG, Modesto Pose, pediu á Xunta que “recule” se lle queda algo de responsabilidade” tras aprobar o Consello de Ministros o recurso a presentar ante o Tribunal Constitucional. “Xa o diciamos nós”, afirmou, en declaracións aos medios o deputado socialista, que recordou que médicos e farmacéuticos, así como a industria farmacéutica manifestáronse en contra do catálogo e apuntou os “problemas de desabastecemento” que sofren algunhas boticas.

MALA XESTIÓN
Aportavoz de Sanidade do BNG, Ana Luísa Bouza, expresou o rexeitamento da súa formación ao recurso do Goberno central, que atribuíu os problemas que está dando o catálogo á “mala xestión da propia Consellería de Sanidade”, ao que sumou a “falta de negociación coas farmacias e a ausencia de información a usuarios e facultativos”. Bouza afirmou que o BNG “non aceptará” que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, “utilice este recurso para xustificarunha política sanitaria de recortes”.
O portavoz parlamentario do PPdeG en materia sanitaria, Miguel Santalices, destacou que este recurso de inconstitucionalidade representa unha “mala noticia” e considerou que en Madrid “entenderon mal a mensaxe”, mentres que a deputada do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila pediu a Pajín que explique a medida na cámara.


Boticarios, fármacos e anciáns


    

http://www.lavozdegalicia.es/galicia/2011/02/05/0003_201102G5P2991.htm

El Gobierno se muestra abierto a dialogar y retirará el recurso si llega a un pacto con la Xunta

La Voz de Galicia

O Goberno cumpriu onte a súa ameaza e aprobou a presentación dun recurso de inconstitucionalidade contra a lei de racionalización do gasto farmacéutico aprobada no Parlamento galego (que permite aforrar 300.000 euros ao día) e a formulación dun conflito de competencias á Xunta pola aprobación do catálogo priorizado de fármacos. O Executivo entende que ambas as disposicións vulneran as competencias do Estado en materia de coordinación da sanidade e de lexislación sobre produtos farmacéuticos, ademais do propio réxime económico da Seguridade Social, e poden crear «problemas de saúde».
O Goberno optou pola mesma estratexia utilizada contra a lei galega de caixas. Como entón, preferiu presentar primeiro o recurso para negociar despois coa Xunta as posibles modificacións desde unha posición de forza. O vicepresidente primeiro do Goberno, Alfredo Pérez Rubalcaba, deixouno claro. «Sempre é mellor un acordo que un preito», sinalou, aclarando que a impugnación non supón unha renuncia a chegar a un consenso coa Xunta. «Se hai un acordo retiramos o recurso e en paz», asegurou.
A presentación do recurso implica que en canto sexa admitido a trámite a lei quedará paralizada durante cinco meses. Se cumprido ese prazo o Constitucional non emitiu aínda unha sentenza, o tribunal deberá decidir se prorroga ou suspende esa paralización á espera do fallo.

Substitución imposible
O Executivo argumenta que a lei exclúe 427 presentacións de medicamentos que non poden ser dispensadas nin prescritas en Galicia e que poden afectar a tratamentos de distintas patoloxías. «Dado que a substitución por outros medicamentos equivalentes non se pode producir en todos os casos, poden crearse problemas de saúde», explica o informe da Avogacía do Estado no que se basea o recurso. Na práctica, segundo Rubalcaba, iso significa que «un cidadán estremeño ou madrileño ten dereito a uns fármacos distintos aos galegos» e que, eventualmente, se alguén que ten prescrito un fármaco desprázase «en Madrid a Seguridade Social págallo e en Galicia, non». «¿Verdade que isto é raro, que é pouco funcional?», preguntouse para desacreditar o catálogo.
«Sempre é mellor un acordo que un preito. Se hai un acordo, retiramos o recurso e en paz»

4 feb 2011

NOTA DA ASOCIACION GALEGA PARA DEFENSA DÁ SANIDADE PÚBLICA SOBRE O PECHE DO HOSPITAL PSIQUIÁTRICO DE TOEN

O Hospital de Toén é un manicomio  afastado de todo e de todos, nun estado de abandono absoluto , no que non é posible levar a cabo un proxecto rehabilitador por falta de infraestruturas xerais, servizos médicos xenerais, comunicación coa cidade, etc. A política de aforro de gasto sanitario da actual Xunta supuxo o abandono do proxecto de levantar dun novo edificio nos terreos do hospital Piñor, que contaba con terreo e un Plan Funcional para transformar este almacén de tolos nun centro de rehabilitación psiquiátrica para pacientes crónicos.
Por iso consideramos
1.- Que o Hospital Piñor debe transformase nun Hospital de Crónicos que atenda a pacientes con enfermidades somáticos e psiquiátricas, integrando a asistencia sanitaria xeneral coa de crónicos, como ocorre nos hospitais xerais de agudos desde os anos 90. Isto non supón que ambos os tipos de pacientes deban mesturarse compartindo o mesmo edifico..
2.- Que esta alternativa permitiría mellorar a atención dos pacientes psiquiátricos que terían acceso a servizos como medicamento interno onde poden ser atendidos das enfermidades que poidan padecer - como o resto dos cidadáns- sen quedar excluídos, marxinados e estigmatizados, como na actualidade sucede en Toen, onde non existen as mínimas condicións asistenciais polo seu illamento e ausencia de servizos complementarios.
3.- Rexeitamos o proxecto da Consellería de trasladar aos pacientes psiquiátricos ao Hospital Piñor sen construír previamente un edificio que albergue o Servizo de Rehabilitación Psiquiátrica, que precisa dunha estrutura adecuada ás das necesidades específicas dos pacientes. Aínda que os pacientes psiquiátricos non teñen, necesariamente, que estar fisicamente "separados" (non deben estar sometidos a medidas especiais de seguridade) consideramos que debe haber servizos diferenciados para garantir un asistencia adecuada a necesidades diferentes.
4.- Esiximos que se constrúa un novo edifico para evitar que se perdan camas de tratamento para enfermos crónicos somáticos xa que Ourense e Galicia dispón de moi poucas , polo que suprimir algunhas acrecentará o déficit de recursos o que afectará a asistencia de toda a poboación (non só aos enfermos psiquiátricos) .
5.- Como o cambio afecta ás condicións laborais e os dereitos dos traballadores (polo traslado de residencia) é necesario negociar as condicións do m ismo (por exemplo o transporte), para evitar que afecta gravemente aos seus lexítimos intereses

Manuel Martin Garcia
Portavoz AGDSP

A deterioración da sanidade galega (por Pablo Vaamonde)

A facción de ultradereita que goberna actualmente en Galicia amosa un desprezo radical sobre as potencialidades do sector público. Só confían na iniciativa e na xestión privada. 

 

Galicia Confidencial


 Os seus desvelos por acadar o poder non son debidos ao afán por mellorar os servizos públicos: o seu empeño débese ao interese por acceder aos orzamentos e buscar o xeito de favorecer negocios privados á súa sombra. O botín sanitario é moi apetecible: o 30% dos orzamentos da Xunta corresponden á Consellería de Sanidade.
O Goberno de progreso deulle un impulso importante á sanidade pública: mellorou os orzamentos, consolidou o emprego dos traballadores, ampliou a oferta de servizos e potenciou a modernización e informatización dos centros. O actual goberno está a desmontar todo o desmontable. Coa escusa da crise e da ficticia austeridade reduciu os orzamentos (por primeira vez na historia da autonomía), paralizou os proxectos públicos de construción, freou a actividade extraordinaria para redución das listas de espera e cancelou o plan de mellora da Atención Primaria. Nos próximos anos non haberá investimentos para mellorar a capacidade resolutiva dos centros nin se creará ningunha praza nos servizos sanitarios; pola contra, quedan sen cubrir as prazas vacantes por xubilación dos profesionais. A consecuencia é inevitable: a deterioración asistencial. 
Mentres, están a potenciar espazos de negocio co diñeiro público. Non son outra cousa os proxectos de construción dos novos hospitais e centros de saúde polo sistema de concesión a empresas privadas. Este modelo (PFI) é menos eficiente que o utilizado polo Goberno anterior (SPI), reduce a calidade asistencial, xera problemas na xestión futura dos hospitais e deixa o Sergas hipotecado, xa que terá que estar pagando un alugueiro á empresa construtora durante vinte anos. Pero non importa nada. O obxectivo desta facción non é garantir e mellorar os servizos públicos senón procurar beneficios privados a grupos afíns a expensas do erario público.. 

  

O Gobierno recorre ante o Tribunal Constitucional o catálogo galego de medicamentos porque "recorta dereitos"

Planteará también un conflicto positivo de competencia a la Xunta de por la aprobación de la medida

 Europa Press

O Consello de Ministros decidiu este venres presentar un recurso de inconstitucionalidade contra a lei aprobada polo Parlamento galego que establece un catálogo propio de medicamentos, xa que consideran que "recorta dereitos" os cidadáns da comunidade que, ao seu xuízo, les "pode crear problemas de saúde" tanto a eles coma a aqueles cidadáns que se despracen a Galicia.    Fontes do Ministerio de Sanidade consultadas por Europa Press, avanzaron que o recurso será presentado ante o Tribunal Constitucional "canto antes" e, no momento, que se admita a trámite, a norma quedará sen efecto nos próximos cinco meses, prazo de que dispón o TC para emitir unha sentenza.
   O Executivo considera que o catálogo, que entrou en vigor o pasado mes de xaneiro, vulnera as competencias que a Constitución atribúe ao Estado en materia de coordinación xeral da Sanidade, lexislación sobre produtos farmacéuticos e lexislación básica e réxime económico da Seguridade Social.

   Fuentes del Ministerio de Sanidad consultadas por Europa Press, aseguran que el recurso será presentado ante el Tribunal Constitucional "cuanto antes" y, en el momento en que se admita a trámite --algo que esperan que suceda "de forma inmediata--, la norma quedará sin efecto en los próximos cinco meses, plazo de que dispone el TC para emitir una sentencia.
   Según ha destacado el vicepresidente primero del Gobierno, Alfredo Pérez Rubalcaba, en la rueda posterior al Consejo de Ministros, el catálogo gallego "se ha separado del catálogo del Gobierno", ya que en Galicia no se financian todos los medicamentos que establece el Nomenclator oficial de productos farmacéuticos financiados por el Sistema Nacional de Salud.
   De este modo, quedan afectadas a múltiples patologías porque, en total, quedan excluidas 427 presentaciones de medicamentos de distintos principios activos que, según esgrime el Ejecutivo, no pueden ser prescritos ni dispensados en Galicia.
   Por ello, y dado que la sustitución por otros medicamentos equivalentes no se puede producir en todos los casos, "pueden crearse problemas de salud, tanto para los ciudadanos gallegos, como para aquellas personas que se desplacen a Galicia desde otra comunidad y necesiten continuar un tratamiento".
   "Esto significa que un ciudadano extremeño o madrileño tiene derecho a unos fármacos distintos que los gallegos. Incluso, eventualmente, si uno se traslada y tiene un fármaco, en Madrid se lo pagaría la seguridad social y en Galicia no", ha explicado Rubalcaba.
   Además, en el informe emitido por la Abogacía del Estado para analizar la inconstitucionalidad de esta iniciativa, se explica que se pueden estar sentando las bases para que existan tantos catálogos o listas de productos farmacéuticos como comunidades autónomas.

"SIEMPRE ES MEJOR UN ACUERDO QUE UN PLEITO"
   No obstante, añade el vicepresidente primero, "siempre es mejor un acuerdo que un pleito", insistiendo en que esta medida "no agota la vía de diálogo" que, de hecho, ha mantenido el Ministerio de Sanidad con las autoridades gallegos en el último mes.
   "Si hay acuerdo retiramos el recurso y en paz", asegura Rubalcaba, que reconoce que "es muy importante que todos los ciudadanos españoles tengan exactamente los mismos derechos en relación con las prestaciones farmacéuticas en cualquier sitio de España".
   De hecho, las mismas fuentes del Ministerio de Sanidad han informado de que en las sucesivas reuniones mantenidas con el Gobierno gallego se les han planteado algunas alternativas para reducir el gasto farmacéutico, como pretenden hacer con este catálogo.
   Una de ellas sería potenciar el uso de genéricos o reforzar la prescripción por principio activo, como se hace en Canarias, Extremadura o Andalucía, comunidad en la que más del 80 por ciento de las prescripciones de los médicos se hace bajo esta fórmula.
   Además, aseguran estas fuentes, el catálogo es "ineficaz en términos de ahorro" ya que el Gobierno ya ha adoptado medidas en la misma línea que, a su juicio, han sido más eficaces, ya que desde 2004 se han ahorrado más de 6.600 millones de euros.

 

El PSdeG pide a la Xunta que "recule" y el PP ve una "mala noticia" el recurso ante el TC contra el catálogo (Europapress)

 

Farjas pide a Pajín que "recapacite" y no ve "muy razonable" el recurso contra el catálogo de medicamentos (Europapress)

 

Farmaindustria celebra el recurso de inconstitucionalidad del Gobierno contra el catálogo gallego de medicamentos (Europapress)

El Consejo de Ministros recurre ante el Constitucional el catálogo de medicamentos de la Xunta (La Voz de Galicia) 

Farjas pide al Gobierno que recapacite sobre el recurso del catálogo de fármacos de la Xunta (La Voz de Galicia) (La Voz de Galicia)

El PSdeG celebra el recurso contra el catálogo de medicamentos de la Xunta (La Voz de Galicia)