No meu exercicio profesional -xa van aló máis de trinta anos-, tiven que acompañar moitas persoas nos seus últimos pasos na vida.
Axudar o paciente e a súa familia neste transo é, ao meu ver, unha das obrigas máis importantes da práctica médica. Por iso celebro o anuncio do goberno de que se vai lexislar o dereito a morrer con dignidade, regulando e dando protección a todas aquelas prácticas profesionais que teñen por finalidade aliviar a dor, o sufrimento e a angustia que aparecen, a miúdo, ás beiras da morte. Ás veces, a obstinación dos médicos non axuda a prolongar a vida senón a manter o padecemento da agonía...
No hay comentarios:
Publicar un comentario