13 DE MAIO DE 2010

13 DE MAIO DE 2010
13 DE MAIO DE 2010: GRAZAS!!!

NOTICIAS DA SAÚDE (EUROPA PRESS)

NOVAS DA SAÚDE

NOTICIAS GALIZA



NOVAS DE GALIZA:





25 nov 2010

Primas polémicas

Os Colexios Médicos da Coruña e de Pontevedra e os sindicatos CESM e O"Mega negan que o Sergas prime con 30 euros os facultativos para dar de alta a pacientes sen probas complementarias 

O ton do debate no Parlamento volveu subir onte de ton á conta da política sanitaria na que populares e socialistas seguen cruzando acusacións a cara de can. Se o día anterior era a presidenta do Parlamento a que reprendía os deputados por dar o espectáculo por mor das súas diferenzas, onte foi Núñez Feijóo o que cualificou de "espectáculo bochornoso" as acusacións do presidente do Grupo Socialista, "Pachi" Vázquez, nas que lle pediu explicacións ó xefe do Executivo por retomar as peonadas co pagamento de primas 30 euros ós médicos do Hospital da Costa en Burela (Lugo) "por cada alta médica sen realizar probas diagnósticas". A pesar de que Feijóo se encargou na réplica de lles pedir desculpas ós médicos do Sergas pola" gravísima" acusación do líder socialista, Vázquez mantívose nas súas instando o presidente para pedirlles desculpas ós pacientes por un novo sistema de retribucións no que asegura que polas consultas de tarde dos especialistas se pagan 20 euros se se mantén o paciente na lista de espera e 30 se o resultado da consulta é a alta nas listas.


No hay comentarios:

Publicar un comentario