“Convocan os médicos a traballar pola tarde para reducir as listas de espera e propóñenlles pagarlles 30 euros por cada alta médica que lles dean aos pacientes sen pedir probas complementarias”. O secretario xeral do PSdeG, Manuel Pachi Vázquel, logrou onte volver coller co paso cambiado a Alberto Núñez Feijóo durante a sesión de control ao presidente, desta volta, cunha área especialmente sensible para o xefe do Executivo, como é a sanitaria, e cunha denuncia concreta: Segundo o líder socialista, os doutores que, no Hospital da Costa, en Burela, traballan na quenda extraordinaria de tarde –as coñecidas como “peonadas– reciben 30 euros por paciente se “o mandan de alta” e 20 se é emprazado a realizar máis probas diagnósticas ou consultas.
Tras unha resposta inicial de tipo evasivo, na que o presidente optou por tratar temas como a “transparencia” na xestión económica da Xunta, Feijóo –que recibira unha mensaxe escrita da conselleira de Sanidade, Pilar Farjas– optou por pedir “perdón aos excelentes médicos do Sergas” por unha “acusación gravísima” aos facultativos, de “dar altas por cartos”. “Non vale todo en política”, asegurou o xefe do Executivo, para a continuación lamentar o “espectáculo bochornoso” que, asegura, ofrece Pachi Vázquez.
Mobilízate "Saúde para todos" cap.15 (08/03)
NOTICIAS DA SAÚDE (EUROPA PRESS)
NOVAS DA SAÚDE
Titulares suministrados por Europa Press
NOTICIAS GALIZA
NOVAS DE GALIZA:
Titulares suministrados por Europa Press
25 nov 2010
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario