O xerente do Hospital da Costa, José Insua, trasladou unha mensaxe de tranquilidade "aos usuarios do centro sanitario da Mariña tras denunciar o líder do PSdeG-PSOE, Manuel 'Pachi' Vázquez, o pago de primas a médicos por dar altas sen realizar probas complementarias, e pediu ao político socialista que rectifique "unha acusación tan grave" que "é rotundamente falsa".
Insua comentou que na reunión mantida cos sindicatos este xoves explicoulles que as declaracións do PSdeG-PSOE "están fóra de lugar" e que supoñen un "atentado ao código ético profesional".
Deste xeito, o xerente do hospital recalcou que é "rotundamente falso" que se dean altas "en base a criterios económicos". Por iso, insistiu en que as acusacións dos socialistas "son un atentado contra os profesionais sanitarios" e "dunha gravidade extrema".
"Ten que rectificar unha acusación tan grave porque pon en dúbida a ética e honra dos profesionais", considerou Insua, á vez que mostrou a "indignación sen precedentes" do colectivo médico.
Deste xeito, o que fora alcalde de Cervo polo PP sinalou que "como médico que é o señor Vázquez, coñece a complexidade dos profesionais" e recordou que "están próximos uns comicios", en relación ás municipais de 2011.
Mobilízate "Saúde para todos" cap.15 (08/03)
NOTICIAS DA SAÚDE (EUROPA PRESS)
NOVAS DA SAÚDE
Titulares suministrados por Europa Press
NOTICIAS GALIZA
NOVAS DE GALIZA:
Titulares suministrados por Europa Press
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario