Paco Fernández entrou no cárcere "pola droga" e alí enfermou de sida tras infectarse de VIH, ao compartir xiringas con outros presos. O seu grave estado de saúde levouno, hai ano e medio, a cumprir a prisión condicional na casa de acollida para persoas afectadas polo VIH de Ourense. Alí comparte espazo con outros sete afectados terminais que proveñen de centros hospitalarios ou penitenciarios -en virtude do artigo 140 tramítase unha excarcelación incondicional por enfermidade, o que implica que deben cumprir a condena íntegra na casa- ou das unidades asistenciais de drogodependencias. Alí almorzan, xantan, cean e reciben a medicación adecuada. Incluso dous dos seus compañeiros de piso, que xa non poden erguerse da cama, reciben a atención necesaria dos traballadores, malia as limitacións económicas.
Mobilízate "Saúde para todos" cap.15 (08/03)
NOTICIAS DA SAÚDE (EUROPA PRESS)
NOVAS DA SAÚDE
Titulares suministrados por Europa Press
NOTICIAS GALIZA
NOVAS DE GALIZA:
Titulares suministrados por Europa Press
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario