Feijóo traslada o Consello a Vigo para detallar a contratación do novo centro hospitalario, que para o alcalde e o PSdeG supón “privatización”.
Tras a adxudicación, a escenificación. Vinte e catro horas despois de que a Mesa de Contratación adxudicase provisionalmente, co sistema de colaboración público privada, a construción e a explotación dos servizos “non sanitarios” do novo hospital de Vigo, o Goberno galego trasladou á cidade a súa xuntanza semanal para vender sobre o terreo o proxecto provocando, como efecto colateral, un novo choque dentro das xa deterioradas relacións co Concello vigués e, nomeadamente, co seu alcalde, Abel Caballero.
Nun proceso marcado pola oposición de PSdeG e BNG a que o centro hospitalario vaia adiante mediante o tamén denominado sistema "concesional" –a Unión Temporal de Empresas (UTE) adxudicataria financia o proxecto e, como contrapartida, explota certos servizos durante 20 anos, nos que cobra un canon de 56,5 millóns anuais–, tanto o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, como a conselleira de Sanidade, Pilar Farjas, esforzáronse onte en insistir en que o hospital será "100% público".
Mobilízate "Saúde para todos" cap.15 (08/03)
NOTICIAS DA SAÚDE (EUROPA PRESS)
NOVAS DA SAÚDE
Titulares suministrados por Europa Press
NOTICIAS GALIZA
NOVAS DE GALIZA:
Titulares suministrados por Europa Press
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario