13 DE MAIO DE 2010

13 DE MAIO DE 2010
13 DE MAIO DE 2010: GRAZAS!!!

NOTICIAS DA SAÚDE (EUROPA PRESS)

NOVAS DA SAÚDE

NOTICIAS GALIZA



NOVAS DE GALIZA:





11 dic 2010

O macrohospital de Vigo, con 1.465 camas, estará en servizo a mediados do 2013

As concesionarias recibirán un canon de 56 millóns anuais durante dúas décadas pola obra e a súa xestión.

O maior centro sanitario de Galicia empezou onte a súa andaina real, que lle permitirá estar operativo na segunda metade do 2013. O Consello da Xunta reuniuse onte de xeito extraordinario en Vigo para adxudicar a súa construción e posterior xestión non sanitaria durante 20 anos a un grupo de empresas encabezado por Acciona, e do que forman parte outras catro, a galega Pontes e Calzadas entre elas.
O sistema de pagamento aprazado empregado pola Xunta foi fortemente contestado pola oposición política e por colectivos sociais e veciñais, que consideran que sae danado o carácter público da sanidade galega. Debido a iso o presidente Feijoo defendeu a xestión realizada polo seu Goberno. «Nós substituímos maquetas por realidades e só así contaremos co novo hospital, que será ou mellor complexo hospitalario público que vai ter Galicia na segunda década do século XXI».

No hay comentarios:

Publicar un comentario