13 DE MAIO DE 2010

13 DE MAIO DE 2010
13 DE MAIO DE 2010: GRAZAS!!!

NOTICIAS DA SAÚDE (EUROPA PRESS)

NOVAS DA SAÚDE

NOTICIAS GALIZA



NOVAS DE GALIZA:





10 dic 2010

Feijóo esvara na diplomacia interautonómica

“Xa temos máis visitas que a Alhambra”, dixo.

Non era o de onte un acto chamado a protagonizar a actualidade do día. Coa celebración do Consello Interterritorial de Saúde no compostelán Hostal dos Reis Católicos, a recepción do presidente da Xunta á ministra de Sanidade, Leire Pajín, e aos responsables sanitarios doutras autonomías presentábase como un episodio meramente protocolario. Pero a benvida de Alberto Núñez Feijóo foi un chisco máis alá.
Despois de que o xefe do Goberno galego recibise, o pasado outubro, con elevadas doses de ironía o nomeamento de Pajín –chegou a mostrarse “sorprendido” de que José Luis Rodríguez Zapatero lle “entregue todo o Estado de Benestar”–, Feijóo mudaba onte o paso para mostrar a súa faciana máis institucional ante a ministra, un propósito logrado con notable éxito, pero cun esvarón inesperado noutra banda.
Despois do preceptivo saúdo ao pé da Praza do Obradoiro, da sinatura no Libro de Honra da Xunta e mesmo a entrega dun obsequio no despacho presidencial do Pazo de Raxoi, chegou o momento da comparecencia conxunta de Feijóo e Pajín, en presenza de once conselleiros doutras tantas autonomías. Dado o carácter case ritual do acto, a ministra optou por un breve saúdo, no que mostrou a súa satisfacción por presidir “nesta marabillosa cidade e nesta marabillosa terra” o seu primeiro Consello Interterritorial. “Grazas pola hospitalidade e pola benvida”, subliñou Pajín ante o presidente da Xunta.
Non elixiu Feijóo esa mesma brevidade no seu discurso. Sen atril e sen papeis, o xefe do Goberno galego obviou as críticas de semanas pasadas para mostrar a súa “satisfacción” por “ter a ocasión de saudar a ministra” e aos conselleiros autonómicos, ante os que, como xa acontecera en anteriores visitas de representantes doutras comunidades, introduciu unha referencia á marcha do Xacobeo 2010.
Así e todo, no canto de limitarse a glosar as bondades do Ano Santo, Feijóo apoiouse no “importantísimo número de cidadáns” que xa visitaron Compostela dende xaneiro – máis de 8 millóns de persoas– para establecer un paralelismo que lindou co agravio comparativo. Ao carón da ministra e a poucos metros da conselleira andaluza de Saúde, María Jesús Montero, o titular da Xunta subliñou que a catedral de Santiago, como “xoia dende o punto de vista arquitectónico e eclesiástico”, xa tivo “un 28% máis de visitas incluso cá Alhambra de Granada”, e “iso quere dicir que fomos un destino turístico” fundamental, enfatizou. “Non sei que dirá a andaluza”, bromeou Leire Pajín ante a mestura de incomodidade e riso que explicitaba a faciana de Montero. “É o que din as estatísticas, para o ano que vén, non me corresponde”, tentou emendar o presidente.
Unha vez sobrepasada a fochanca diplomática, Feijóo proseguiu a súa interevención garantindo a “lealdade” da Xunta para manter a “viabilidade do Sistema Nacional de Saúde”. Do mesmo xeito, e nunha actitude que sorprendeu aos representantes do Ministerio, o titular da Xunta aproveitaba para gabarse de que “esta será para Galicia a lexislatura dos novos hospitais” en Lugo, Vigo e Pontevedra.

  

No hay comentarios:

Publicar un comentario