13 DE MAIO DE 2010

13 DE MAIO DE 2010
13 DE MAIO DE 2010: GRAZAS!!!

NOTICIAS DA SAÚDE (EUROPA PRESS)

NOVAS DA SAÚDE

NOTICIAS GALIZA



NOVAS DE GALIZA:





10 dic 2010

O novo hospital de Vigo será o primeiro de España con cualificación enerxética A

O complexo, que suporá un canon anual de 56,5 millóns de euros, reducirá nun 11% as emisións de CO2.

O Consello de Goberno deu hoxe luz verde á adxudicación, á unión temporal de empresas (UTE) formada por Acciona e tres empresas galegas, da construción e a concesión de explotación, por un período de 20 anos, do novo complexo hospitalario de Vigo. Así o anunciou hoxe en conferencia de prensa o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, quen recalcou que «agora empeza o traballo das adxudicatarios» para que no prazo máximo de 31 meses Vigo poida dispor do «maior complexo hospitalario» de Galicia; unha necesidade, dixo, «esperada durante décadas».


Feijóo, pola súa banda, destacou «a maioría galega» tanto da UTE adxudicataria, como da empresa de asesoramento técnico, así como a presenza de Novacaixagalicia no «pool» de caixas e bancos.

A conselleira de Sanidade avalou o modelo «innovador» de pagamento por dispoñibilidade da infraestrutura, que suporá o abono dun canon anual de 56,5 millóns de euros, e un aforro, nos 20 anos de concesión, de «máis de 60 millóns en contratos asociados a mantemento». Destacou como principais vantaxes deste sistema de adxudicación o que «non afecta á capacidade de endebedamento» da Comunidade Autónoma, «maximiza a eficiencia no gasto e garante un acceso sanitario gratuíto e universal».





No hay comentarios:

Publicar un comentario