13 DE MAIO DE 2010

13 DE MAIO DE 2010
13 DE MAIO DE 2010: GRAZAS!!!

NOTICIAS DA SAÚDE (EUROPA PRESS)

NOVAS DA SAÚDE

NOTICIAS GALIZA



NOVAS DE GALIZA:





11 dic 2010

Vigo terá hospital en 2013

A Xunta adxudica a construción e concesión do novo centro á UTE liderada por Acciona e Puentes y Calzadas.

O Goberno aboará 56,5 millóns (+ 18% do I.V.E.) ó ano durante dúas décadas.

Vigo contará no verán de 2013 cun hospital 100% público, á vangarda tecnolóxica e respectuoso co medio natural. Así o anunciou onte o presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, tras a aprobación no Consello da Xunta da adxudicación do novo centro hospitalario á UTE formada por Acciona, Puentes y Calzadas, Altair, Concessia e Ocas. "Hoxe pechamos todos os trámites necesarios para poder comezar as obras para que Vigo teña o maior complexo hospitalario de Galicia. Substituímos as antigas maquetas polas realidades", asegurou Feijóo na rolda de prensa posterior á reunión celebrada onte, e por primeira vez en 21 anos, na cidade olívica.

O presidente galego recordou que o novo hospital de Vigo atenderá a unha poboación de 600.000 persoas, contará con 1.465 camas -das que o 65% estarán en habitacións individuais-, 35 quirófanos, 160 consultas externas e 62 salas de diagnóstico por imaxe. O prazo de construción será de 31 meses e a concesión -por un total de 20 anos- terá un canon anual de 56,5 millóns. Ademais, Feijóo destacou que tres das empresas adxudicatarias son galegas e que o proxecto conta co apoio financeiro de Novacaixagalicia. "Vigo contará cun hospital moderno, pioneiro en sustentabilidade e respectuoso co medio", engadiu Feijóo, quen destacou que o futuro centro será o primeiro hospital de España con clasificación enerxética A e certificación Leed; respectuoso co ambiente cunha redución dun 11% das emisións.

O Goberno prevé a creación de 2.400 empregos.
O convenio de Povisa, pendente do cobro por paciente.

 Novas relacionadas:



  

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario