Queridos Reis Magos:
No primeiro ano da miña vida porteime moi ben. Nacín o 28 de novembro do 2009 porque había moitísima lista de espera no Hospital de Monforte e a Conselleira dixo que faría unha área de xestión provincial en Lugo que incluían aos Hospitais de Monforte e Burela. Fixen moitas reunións informativas cos partidos políticos (menos o PP que non quixo), sindicatos, asociacións de veciños, asociacións de empresarios e a xente de moitas aldeas e concellos da área sanitaria de Monforte. Ata me reunín coa Conselleira para solicitarlle que non fixese a área de xestión provincial.
A Conselleira non me fixo moito caso e mesmo os representantes do PP me acusaban de mentireira, manipulada, meter medo á xente e "facer política", pero vos sabedes que non é verdade. Por iso convoquei unha manifestación en Monforte o 13 de maio do 2010 na que máis de 20.000 persoas expresaron cívicamente e sen eslogans polítcos o seu rexeitamento á perda da área sanitaria propia de Monforte e o seu apoio á sanidade pública. Supoño que a masiva resposta das xentes de Monforte e dos concellos fixo que o Presidente da Xunta me recibise o 28 de maio do 2010. Nesa reunión conseguín que o Presidente prometese que publicaría o decreto de xestión integrada da área de Monforte e que non se faría o plan de centralización das gardas de radioloxía se as sociedades científicas se opuxesen.
Algunhas cousas melloraron no Hospital grazas ao esforzo de todo@s, pero queda aínda moito por facer. A ver se podedes botarme unha man para que a xente da área de Monforte siga tendo unha sanidade pública da calidade e digna.
Pídovos que se publique o decreto da área de xestión integrada de Monforte como prometeu o Presidente da Xunta, que se anule o proxecto de centralización de gardas de radioloxía xa que a Sociedade Galega de Radioloxía dixo que non estaba de acordo, como tamén prometeu o Presidente, que se liciten os 400.000 € que a Conseleira prometeu no Parlamento o 11 de maio para o arranxo da fachada do Hospital, que se dote axeitadamente de persoal médico os servizos de Pediatría, Cirurxía, Oftalmoloxía e de fisioterapeutas no servizo de Rehabilitación, que non se privatice a sanidade pública e se hipoteque o futuro dos galegos e que os entros de drogodepencias teñan os fondos axeitados para facer o seu traballo.
Tamén dexeso que todas as persoas que me axudaron, apoiaron e traballaron comigo neste tempo teñan moita saúde e gañas de seguir na miña andaina.
Moitos bicos
PLADESAPU
No hay comentarios:
Publicar un comentario