13 DE MAIO DE 2010

13 DE MAIO DE 2010
13 DE MAIO DE 2010: GRAZAS!!!

NOTICIAS DA SAÚDE (EUROPA PRESS)

NOVAS DA SAÚDE

NOTICIAS GALIZA



NOVAS DE GALIZA:





2 ene 2011

Pajín confía en que os incumprimentos da lei antitabaco serán minoritarios

Hoxe entra en vigor a normativa que elimina o fume de bares, restaurantes e outros espazos especialmente protexidos.

A ministra de Sanidade, Política Social e Igualdade, Leire Pajín, está convencida de que os incumprimentos da nova lei antitabaco, que elimina o fume de bares e restaurantes, serán minoritarios.
Nunha entrevista no diario «Público», Pajín non cre que vaia ser necesaria a aplicación de ningún elemento coercitivo para que a lei se aplique con normalidade e estima que será a propia sociedade a que esixa que se respecte o seu dereito a gozar do seu lecer en espazos sen fumes desde o primeiro día.
Asegura que os cidadáns españois expresaron reiteradamente o seu apoio máis que maioritario a esta lei, que permitirá gozar de ambientes sen fume tanto aos fumadores como aos non fumadores e que mellorará a saúde de todos eles, especialmente dos menores e dos traballadores da restauración.
«A norma foi aprobada no Congreso pola práctica totalidade dos grupos, polos partidos que sustentan os gobernos autonómicos de todo o Estado, polo que supoño que a acatarán sen reparos», sinala a titular de Sanidade. O cambio de hábitos e o comportamento cívico é a primeira e mellor garantía para que esta lei se cumpra, subliña Pajín antes de advertir de que «quen decida non facelo terá que enfrontarse aos mecanismos do Estado».
A ministra de Sanidade recalca que se se producen situacións de incumprimento, que serían excepcionais, como en todas as demais leis, deberán ser perseguidas e, para iso, os recursos son suficientes. A lei é moi clara e non deixa físgoa a interpretacións ao non permitir excepcións á norma xeral de non permitir fumar en ningún espazo público pechado, indica Pajín, quen non contempla a insubmisión ás leis que aproba o Parlamento e está segura de que a cidadanía sabería castigar estas actitudes.


http://www.nofumadores.org/



No hay comentarios:

Publicar un comentario