Xa non se pode fumar en espazos públicos pechados e ó aire libre preto de colexios ou hospitais polo que é un bo momento para deixar esta adicción que mata ao ano 50.000 persoas.
A norma, impulsada pola anterior ministra do ramo Trinidad Jiménez, foi aprobada o pasado 21 de setembro no Congreso dos Deputados na súa versión máis restritiva. Así, dáse prioridade á prevención o tabaquismo en menores, atrasando a idade de inicio do consumo, e á protección dos fumadores pasivos, sobre todo ós traballadores da hostalería.
Tras a súa aprobación, a actual ministra de Sanidade, Política Social e Igualade, Leire Pajín, afirmou que coa súa aprobación se fixo "historia", xa que se trata dunha lei "tremendamente importante e necesaria para a sociedade", que conseguiu "priorizar a saúde pública" e que suporá "un paso decisivo na defensa da saúde dos españois".
Fóra da norma quedou a emenda que introduciu o PP aprobada no Senado que abría a posibilidade de que os casinos, bingos e salas de xogo puidesen reservar ata un 30 por cento do seu espazo para fumadores, sen servizo de xogo nin de consumicións. Do mesmo xeito rexeitouse que se concedesen beneficios fiscais ós empresarios que fixeron obras nos seus locais para adaptarse á lei de 2005.
A lei define espazo público como "todo lugar accesible ó público ou de uso colectivo, con independencia da súa titularidade pública ou privada", os transportes públicos ou colectivos e terrazas cun "máximo de dúas paredes".
Como excepción, poderase fumar nos cuartos que os donos de hoteis decidan habilitar para iso, cun máximo do 30 por cento do local. Estas estancias deben ser fixas, estar separadas do resto e sinalizadas con carteis. Os traballadores non poderán acceder a elas "mentres se atope un cliente no seu interior, salvo caso de urxencia".
Tamén se permitirá fumar en espazos ao aire libre de universidades e centros "exclusivamente dedicados á formación de adultos, sempre que non sexan accesos inmediatos ós edificios ou ás beirarrúas circundantes".
Ademais, poderán fumar os presos, pacientes de psiquiátricos de media e longa estadía e internos de residencias de maiores ou discapacitados en zonas exteriores ou en salas pechadas habilitadas, sinalizadas e con ventilación independente.
Poderán fumar tamén os socios dos clubs privados de fumadores, que para ser considerados como tal deberán ser "entidades con personalidade xurídica, carecer de ánimo de lucro e non incluír entre as súas actividades ou obxecto social a comercialización ou compravenda". Tampouco poderán permitir a entrada de menores.
Fixa que as administracións públicas deberán "promover" programas para a deshabituación tabáquica -sobre todo en Atención Primaria- e "potenciar" o acceso a tratamentos e crear unidades de deshabituación tabáquica. A Así mesmo, invita as administracións públicas a concienciar contra o tabaco nas escolas e actuar en atención pediátrica con programas de información específica para pais fumadores e campañas sobre os prexuízos do fume en nenos. A lei prohibe ós medios de comunicación, incluído Internet, emitir imaxes de presentadores, colaboradores ou invitados fumando e "mencionar ou mostrar, directa ou indirectamente, marcas, nomes comerciais, logotipos ou outros signos asociados a produtos do tabaco". Respectaranse as imaxes de fumadores das películas.
Ademais, fixa que o Goberno determinará, cun Real Decreto, "os contidos e compoñentes dos produtos do tabaco, en especial os elementos adictivos e as condicións de etiquetaxe".
O Ministerio de Sanidade terá que remitir ás Cortes Xerais cada dous anos un informe de avaliación do impacto desa reforma sobre a saúde pública. A obrigación estenderase durante os catro anos seguintes á entrada en vigor da norma.
Mascar chicles de nicotina, someterse a sesións de láser, tirar do cigarro electrónico ou vestir os suxeitadores suízos que repelen o cheiro do tabaco son algunhas das posibilidades ás que poderán agarrarse os fumadores para deixalo ou para compatibilizar o seu hábito coas novas restricións.
Catro anos despois de que os fumadores se visen obrigados a apagar os seus cigarros na porta do traballo, tócalles agora a quenda ós locais de lecer. É un bo momento para abandonar unha adicción que mata o ano en España máis de 50.000 persoas, segundo diversos estudos. Téñase ou non a vontade para iso, as restricións da nova lei obrigarán os enganchados á nicotina a buscar solucións para convivir con elas sen perder os nervios.
Os métodos de sempre víronse complementados polos novos ós que contribúen as novas tecnoloxías. Todos eles ofertan un mar de posibilidades ás que poden recorrer os que queiran deixalo e os que desexen enganar ó cerebro cando non poidan gozar do pitillo que lles acompañou ata agora nas sobremesas, nas copas nocturnas ou nos cafés de media mañá.
Un grupo suízo de lencería ideou unha medida canto menos rechamante: Un suxeitador que desprende un aroma a xasmín ou a lavanda que fai que se pasen as ganas de fumar. Hai que levalo posto ou ben achegarse moito á muller que o luza para embriagarse co seu aroma. Tamén como método de distracción, destaca o cigarro electrónico. Por ao redor de cincuenta euros, os adictos pódense levar á boca un instrumento, similar ó cigarro, mediante o que o fumador aspira vapor de auga con aroma de tabaco. Chicles ou parches de nicotina ademais da superar a adicción axudan a enganar o corpo.
Propósitos nos 4 primeiros meses
Máis de tres millóns de fumadores intentarán deixar o hábito durante os catro primeiros meses do novo ano, segundo a Sociedade Española de Medicina de Familia e Comunitaria (semFYC). "Calculamos que dos dez millóns de españois que fuman, un de cada tres exporase deixalo para o próximo ano. Ata esperamos que esta cifra sexa aínda maior", aseguran.
Entre os máis restritivos da UE
A entrada en vigor da nova Lei antitabaco coloca a España na órbita dos países da UE máis restritivos co fume dos cigarros. España sóbese así ó carro da proposta feita pola CE para que en 2012 todos os países comunitarios declaren bares e restaurantes libres de fume. Gran Bretaña, Irlanda e Chipre son os tres países cunha lei parecida á española.
A FUMAR Á RÚA
Así se viviron en Galicia as primeiras horas da prohibición de fumar en espazos públicos.
Así se viviron en Galicia as primeiras horas da prohibición de fumar en espazos públicos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario