13 DE MAIO DE 2010

13 DE MAIO DE 2010
13 DE MAIO DE 2010: GRAZAS!!!

NOTICIAS DA SAÚDE (EUROPA PRESS)

NOVAS DA SAÚDE

NOTICIAS GALIZA



NOVAS DE GALIZA:





12 ene 2011

GAIAS: "Proxecto de futuro para a nación española" ou "símbolo do despilfarro público"?

Manuel Bragado alerta que o coro evitou a palabra "nazón" ao cantar o himno galego na inaguración. Houbo ademais visións contrapostas sobre a estrea dos dous primeiros edificios da Cidade da Cultura. Críticas e ausencia do Bloque, loas de Feijóo aos Príncipes de Asturias e boicot dunha plataforma cidadán ao acto deste mediodía. Vídeos no interior.

 

Galiciaconfidencial.com 

 

O portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez, denunciou hoxe que “en mans do PP a Cidade da Cultura converteuse nun símbolo de despilfarro de fondos públicos nun momento de crise e de desprezo pola cultura galega”.

Guillerme explicou esta mañá en rolda de prensa que o BNG non asistiu hoxe aos actos de inauguración da Cidade da Cultura “porque estamos diante dunha actuación que significa o despilfarro de fondos públicos nun momento moi difícil, e de desprezo absoluto pola cultura galega e desorientación dun Goberno do PP que non ten un proxecto claro para Galiza”.

“Uns fastos para a inauguración absolutamente prescindíbeis”

Ademais, Guillerme criticou “os fastos da inauguración, perfectamente prescindíbeis, máis se cabe nun momento de restrición orzamentaria total, onde non hai un peso para apoiar aos sectores máis febles da nosa sociedade”.

Pola contra, o portavoz nacional do BNG defendeu que “neste momento para o señor Feijoo a prioridade debería ser o combate ao desemprego".


Boicot dende GNSV
Onte a a plataforma "Cultura si, mausoleo non” , que forma parte da rede Galiza non se Vende, fixi un chamamento ao boicot cidadán da inauguración deste martes.
"O desfase de 400 millóns de euros non é motivo de celebración e solicitamos a non participación dos cidadans, persoeiros e intelectuais na pantomima que se vai celebrar maña no monte gaiás", argumentou o colectivo.


Visión do presidente do Goberno
Unha visión totalmente contraposta á de Feijóo. No seu primeiro acto público despois das súas prolongadas e polémicas vacacións en Salvador de Baía (Brasil), o líder conservador  quixo agradecer, nun primeiro termo, aos Príncipes de Asturias, “que representan o futuro de España”, que avalen coa súa presenza “un proxecto de futuro para a nación española".
“Como fixen xa en reiteradas ocasións polo seu apoio ao Ano Santo, quero tamén hoxe agradecer que avalen coa súa asistencia esta Cidade da Cultura, un icona, útil para Galicia e para España, porque é atraente e admirable para o resto do mundo. Grazas por sumarse a esta nova ilusión desde Galicia e desde España, para Galicia, para España e para o mundo”, dixo.

Ao longo da súa intervención, Feijóo afirmou que, os galegos, “que sempre nos rebelamos contra o inmobilismo, volvemos exercer hoxe a paternidade do noso futuro e facémolo coma sempre: cunha concepción aberta da nosa identidade e con grandes doses de esperanza”.

Mandou a Xunta evitar a palabra "nación" do himno?
Por outra parte, Manuel Bragado, responsábel da editorial Xerais e presente no acto, denuncia que "o coro omite a palabra 'nazón' na sua interpretación do himno galego que pechaba a inaguracion da Cidade da Cultura". Bragado di que "cantárono conforme sinala a Lei de Simbolos, completo, agás ese detalle".
Velaquí a entrada que lle adicou no seu blog, a popular bitácora Brétemas:

"O acto de inauguración da Biblioteca e do Arquivo de Galicia, que suporá tamén a apertura ao público  da Cidade da Cultura a partir de mañá, amosou a profunda fenda que nesta lexislatura se abriu na política galega.
Resultoume incomprensible a ausencia no acto dos membros do BNG, o partido que tivo a principal responsabilidade durante o seu período de goberno na construción e finalización de ambos os dous edificios inaugurados esta mañá, así como en imprimir un maior pulo ao desenvolvemento do proxecto ideado por Manuel Fraga e Xesús Pérez Varela. Só polo respecto que merece o traballo desenvolvido por Ánxela Bugallo e polos membros do seu equipo ao longo de catro anos nesa dificilísima tarefa, a dirección do BNG debeu ter asistido a un acto ao que acudiron membros dos máis diversos sectores da sociedade e da cultura de noso. Unha presenza protocolaria que non impediría o lexítimo exercicio de crítica aos contidos e a forma de xestión escollida para a CdC por parte do actual Goberno Galego. Outrosí sucede coa ausencia de Emilio Pérez Touriño, o ex-presidente da Xunta, que sempre defendeu a continuidade do proxecto.
Resultoume desafortunado que Alberto Núñez Feijóo aproveitase o seu protocolario discurso inaugural para incluír con sutileza a Camilo Jose Cela na historia da literatura galega, ao citar que nesta «biblioteca poderán consultarse os manuscritos do único premio nóbel da literatura galega», un comentario que con certeza non asumirían ningún dos nosos membros da Real Academia Galega nin o profesorado de literatura galega das nosas tres universidades.
Con todo, para min o máis abraiante do acto sucedeu xusto ao remate da interpretación do himno galego por parte do Coro Gaos, que foi acompañado pola gaiteira Cristina Pato. No momento de acometer «nazón de breogán» os coristas (por un razón para min descoñecida) fixeron a omisión da palabra «nazón». Non sabería chamar doutra maneira a ese pianissimo tan suaviño e tan inintelixible para describir como acometeron o sintagma pondaliano, unha elipse coincidente cun tiro da gaiteira ourensá. Unha situación corrixida ao remate do acto por un berro cívico de «nazón, nazón» pronunciado por un dos convidados. Un berro, sen dúbida, moi oportuno, xa que o Arquivo e a Biblioteca de Galicia hoxe inaugurados, como toda a Cidade da Cultura, deberán estar ao servizo da nazón, da súa lingua e da súa cultura. Eis o primeiro criterio para xestionar un proxecto para todos os galegos e as galegas que, a pesar do seu enorme custo de construción e mantemento (cifras que se deberían facer públicas), non pode de maneira ningunha hipotecar o futuro do resto das políticas culturais públicas. Facer compatibles ambos os dous criterios non vai ser doado, razón pola que os responsables deste traballo ben merecen, ao inicio do seu camiño, os nosos mellores desexos de éxito."


"É un anacronismo" (Galiciahox.com)

 

Queda inaugurado este pantano (Xosé Manuel Pereiro. El País)

    

No hay comentarios:

Publicar un comentario