13 DE MAIO DE 2010

13 DE MAIO DE 2010
13 DE MAIO DE 2010: GRAZAS!!!

NOTICIAS DA SAÚDE (EUROPA PRESS)

NOVAS DA SAÚDE

NOTICIAS GALIZA



NOVAS DE GALIZA:





12 ene 2011

A Xunta sostén ante Pajín que o catálogo de xenéricos respecta a competencia estatal

Feijoo remite unha carta conciliadora á ministra para conxurar o risco de que Sanidade expoña un conflito.

La Voz de Galicia


A capacidade para aliviar a custosa factura pública en medicamentos que a Xunta atribúe ao catálogo de xenéricos que o Parlamento aprobou hai tres semanas é máis relevante para o Goberno galego que o receo ministerial e o rexeitamento empresarial que suscitou a súa entrada en vigor. O propio Feijoo quixo conxurar o risco de que Sanidade poida expor un conflito competencial, e remitiu unha carta á ministra Leire Pajín na que concilia coa «lealdade institucional e a colaboración que caracteriza a Galicia» unha listaxe de 34 fármacos co que Sanidade espera lograr un aforro anual de 100 millóns nun gasto que rolda os 1.000.
Na misiva, de marcado ton conciliador, o presidente comunica de entrada a Pajín a convicción da Xunta de que a lei que saíu adiante cos votos de PP e BNG «respecta escrupulosamente o ámbito competencial da Administración do Estado». Explica que ese respecto afecta tanto á autorización de especialidades farmacéuticas, indicacións, prezos e ámbito de dispensación, como ao establecemento do prezo menor que definen o propio ministerio e a Axencia Española de Medicamentos.
Feijoo, que recorda que a Lei 12/2010 ten o respaldo do 70% do arco parlamentario e o «apoio explícito dos colexios profesionais médicos e das sociedades científicas galegas», defende a transcendencia da aposta por unha «prescrición máis eficiente» que permita blindar a cobertura das prestacións e principios activos no actual contexto de crise no ámbito sanitario. Observa que esta medida complementa outras nas que vén traballando a Xunta para promocionar o bo uso dos fármacos e mellorar a súa prescrición e dispensación. Dentro dese propósito, informa á ministra de que a porcentaxe de prescrición de xenéricos duplicouse entre xuño do 2009 e decembro do 2010.

«Tan só» 34 principios activos
Nun dos parágrafos máis significativos do escrito a Pajín, Feijoo minimiza o alcance do catálogo galego respecto á listaxe dos produtos farmacéuticos que financia o Sistema Nacional de Saúde, con evidente intención de pór en valor o aforro que reportará. «O catálogo vixente prioriza o financiamento de alternativas máis eficientes de acordo ao prezo menor fixado por ese ministerio tan só en 34 principios activos dos máis de 1.000 que recolle o nomenclátor oficial», sinala o presidente da Xunta. Abunda en que esta e outras «medidas de eficiencia» permitirán facer fronte ao «compromiso de mellora do sistema, fundamentalmente en atención primaria».
A carta desenvolve a mensaxe que Feijoo xa explicitó tras a reunión na que o Consello da Xunta deu luz verde ao catálogo, o pasado día 30, cando expresou a súa confianza en que Sanidade non presente un conflito nun ámbito que o ministerio advirte de que é da súa competencia.


   
   

No hay comentarios:

Publicar un comentario