Geriatros recibirá case 30 millóns por xestionar as residencias da Terceira Idade de Viveiro, Vimianzo, Monforte e Ourense.
Galiciaconfidencial.com
Primeiro foi a Sanidade e agora son os Servizos Sociais. E é que a Xunta está decidida a deixar en mans privadas a xestión e organización de servizos públicos esencias.
A Consellería de Traballo acaba de adxudicar a xestión privada de 4 centros públicos por 28.758.006 euros.
A empresa Geriatros é a beneficiaria desta macroadxudicación da xestión das residencias de Viveiro, Vimianzo, Monforte de Lemos e Ourense.
Novacaixagalicia
Geriatros era, ata antes da fusión, unha empresa 100% participada por Caixanova. As catro residencias pertencentes á Sociedade Galega de Servizos Sociais (Sogaserso) foron construídas con capital de Caixanova, CaixaGalicia e unha participación minoritaria da Xunta.
En xullo pasado a Xunta saíu deste consorcio e as dúas caixas repartironse o 45% das súas participacións. Agora, logo da fusión, será Novacaixagalicia a encarga de xestionar estas residencias a través de Geriatros.
Outros centros
Non son os primeiros centros públicos nos que se impón a xestión de empresas con ánimo de lucro. Antes xa se fixo coa atención aos discapacitados como foi a privatización do centro Souto de Leixa en Ferrol. Finalmente foi a empresa de Florentino Pérez, CLECE, a que levou máis de 7 millóns de euros por asumir a xestión dese centro ou a posibilidade de facer unha miniresidencia privada no espacio do Colexio Santiago Apóstol da Coruña.
E O Carballiño, no punto de mira
E segundo denuncia CIG-Administración a próxima víctima deste proceso privatizador é probable que sexa a nova residencia do Carballiño onde na Consellaría de Traballo está a estudar se se fai unha privatización parcial ou total.
Por iso, este sindicato denuncia a “falsa austeridade” do Goberno de Feijoo, xa que paga con cartos públicos “os negocios” de empresas. “Deteriora, así, o os servizos públicos, baixando a calidade do servizo a prestar e hipotecando a Administración galega”.
![]() | |||
Residencia de Monforte dependente de Geriatros |
No hay comentarios:
Publicar un comentario