13 DE MAIO DE 2010

13 DE MAIO DE 2010
13 DE MAIO DE 2010: GRAZAS!!!

NOTICIAS DA SAÚDE (EUROPA PRESS)

NOVAS DA SAÚDE

NOTICIAS GALIZA



NOVAS DE GALIZA:





12 ene 2011

Virá “un tsunami de alzhéimer”

Máis de 150.000 galegos padecerán a doenza neurodexenerativa no 2050

Hoxe prodúcense como mínimo 5.000 novos casos cada ano 

 Galiciahoxe.com

“Os datos poñen os pelos de punta”: Máis de 50.000 galegos sofren alzheimer, e a cifra triplicarase de aquí ao 2050. A maior esperanza de vida supón necesariamente un maior deterioramento cognitivo. Na comunidade, a taxa de envellecemento (19%) supera en tres puntos á media estatal e as provincias máis envellecidas son Ourense e Lugo, ambas con case un 26% de poboación maior de 65 anos. Para José Manuel Fontenla, presidente da Asociación de familiares de enfermos de alzhéimer e outras demencias de Pontevedra (Afapo): “A cifra impón”. Calcúlase que no Estado español hai uns 600.000 enfermos; e na comunidade, a día de hoxe, hai case 5.000 casos novos cada ano. Claro que a vida pode continuar, tal como demostrou
Maragall ao facer visíbel o seu proceso. O diagnóstico precoz “favorece que estes pacientes teñan suficiente capacidade intelectual para entender que ten unha enfermidade” e poder levar unha existencia moito máis positiva, así como  tomar decisións para o futuro, como vontades anticipadas ou asinar un poder notarial “para cando non poida decidir”.
    O secretario xeral da Fundación Alzheimer España, Jacques Selmes, describe a situación que vén como “un tsunami de casos”. Dentro de 40 anos o Estado español será o segundo máis envellecido do mundo logo de Xapón, un dato “clave” para esta enfermidade xa que o 90 por cento dos casos diagnostícase en persoas de máis de 65 anos.  “En 2050 podería haber máis de dous millóns de afectados”, recoñece este experto, que ademais advirte de que estas cifras corresponden “só a pacientes diagnosticados”. De feito, considérase que a cifra total de afectados pode ser até o dobre, xa que existe un “infradiagnóstico xeneralizado en todos os países”.
 Isto prodúcese por varias razóns, “ben porque non acode ao médico cando aparecen os síntomas ou porque o médico non lle dá importancia”, aínda que, en calquera caso, “impide que moitos pacientes poidan recibir un tratamento ao comezo da enfermidade”.
“É clave que a sociedade e o sistema sanitario respondan aumentando os recursos destinados ó tratamento destas enfermidades, unha das principais causas de dependencia ”. A provisión é que no 2016, a taxa exceda o 21%, polo que se fai necesario incrementar os recursos asistenciais e servizos para persoas maiores, sobre todo para aqueles con deterioración cognitiva e demencias. De feito, Afapo espera que para 2011 sexa por fin realidade ese centro de día que veñen demandando desde hai anos.
A Sociedade Galega de Neurología ten como obxectivo a creación de unidades especializadas para diagnosticar e tratar globalmente estes enfermos en todas as provincias galegas e desenvolver proxectos de investigación. Conforme a este obxectivo, está traballando nun Plan Integral de Atención ós Pacientes con Demencia para presentar á Administración, segundo informou na súa reunión anual.
Máis de 200 galegos, –a maioría deles en fase temperá de alzhéimer ou outras demencias– conta cun sistema de GPS que permite coñecer en todo momento a súa localización e controlar as súas posíbeis caídas. O programa Acompáñote –xestionado pola unidade de Dependencia da Xunta e posto en marcha por Cruz Vermella– tivo desde a súa implantación, hai
dous anos, unha grande acollida polas familias e, tras dar de alta os primeiros 107 localizadores, o pasado mes de marzo ampliouse a cen novos usuarios. O dispositivo consta dun pequeno equipo que inclúe un teléfono móbil con tecnoloxía GSM e un módulo de localización xeográfica vía satélite (GPS). O centro de control, situado na Coruña e activo as 24 horas todos os días do ano, permite localizar en todo momento a situación do usuario.

    
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario