13 DE MAIO DE 2010

13 DE MAIO DE 2010
13 DE MAIO DE 2010: GRAZAS!!!

NOTICIAS DA SAÚDE (EUROPA PRESS)

NOVAS DA SAÚDE

NOTICIAS GALIZA



NOVAS DE GALIZA:





12 ene 2011

Galicia está á cola na tramitación das prestacións aos dependentes

Só o 37% dos galegos perciben a axuda que solicitaron, un 20% menos que en Cantabria ou Castela A Mancha.

Os novos datos sobre a xestión das axudas aos dependentes galegos confirman a lentitude da Xunta á hora de tramitar o servizo. Se primeiro o Observatorio da Dependencia calculaba que en Galicia se esperaba de media tres meses máis para percibir esta prestación, as cifras deste mes de xaneiro do Imserso e do Ministerio de Sanidade sobre a tramitación das axudas reflicten que tan só o 37% dos galegos que remitiron as súas solicitudes reciben a compensación económica.
Tan só Canarias e a Comunidade Valenciana –onde respectivamente o 25% e o 35% dos dependentes está a cobrar a axuda solicitada– obteñen uns resultados peores que Galicia, que se mantén sete puntos por debaixo da media nacional e a máis dun 20% de distancia de comunidades coma Cantabria (cun 61,7%) ou Castela A Mancha (cun 57,7%).
A concesión de axudas está moi relacionada tamén coa rapidez coa que a comunidade é quen de elaborar os ditames sobre a situación dos solicitantes. Así, mentres o resto do Estado avaliou a situación do 91,85% dos dependentes, en Galicia a cifra está case dez puntos por debaixo (no 82%). Quedan pois lonxe Cataluña, A Rioxa ou Cantabria, autonomías que están entre o 97% e o 99%.
Ademais, os últimos datos do Observatorio estatal da Dependencia tamén revelan un duro golpe para o Goberno galego. Despois de que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, culpara o Executivo central das dificultades para cumprir coa Lei da dependencia por non costear o 50% das axudas, este organismo asegura que a situación é a contraria.
Deste xeito, o Observatorio informa de que a Consellería de Traballo pon un 21% menos que o Estado para financiar as prestacións dos dependentes galegos. Este dato poría en tea de xuízo as palabras do presidente, que aseguraba que a Xunta carga co 73% dos 264 millóns que suma a factura da dependencia, cando a lei obriga as dúas Administracións a cofinanciar ao 50% os gastos da súa aplicación.
Así, segundo estes datos –relativos ao primeiro ano de Feijóo á fronte do Executivo galego– puxo 34,53 euros por persoa fronte aos 44,21 que destinou a Administración estatal. Un factor que serviu para que Galicia aprobara polos pelos (cun 5,5) a última avaliación realizada por este organismo.
Outro punto que xoga en contra da valoración da xestión da Xunta é o alcance das prestacións económicas. Estas axudas, que deberían ter un carácter puramente “simbólico”, en pro da asistencia residencial ou os centros de día –para liberar os familiares das tarefas de coidado e brindar unha atención máis especializada– son maioritarias na comunidade, ao supoñer o 54% das prestacións concedidas. Galicia, tamén suspende en prevención e mentres o resto do Estado destina o 1,45% do financiamento da Dependencia a esta causa, na comunidade esta porcentaxe cae ata o 0,2%.

   

No hay comentarios:

Publicar un comentario