Galicia atópase lixeiramente por baixo da media española de gasto en sanidade por habitante, con 1.266,13 euros para 2011, fronte a 1.288,58 do conxunto do Estado, segundo datos da Federación de Asociacións para a Defensa da Sanidade Pública.
Ademais, o gasto en Galicia reduciuse máis que a media das Comunidades Autónomas, con 67,26 euros menos que no exercicio anterior (de 1.333,39 a 1.266,13 euros), cando a baixada media xeneral foi de 55,37 euros (de 1.343,95 a 1.288,58 euros).
O País Vasco e Navarra son as comunidades autónomas con maior gasto sanitario por habitante, 1.563 e 1.528 euros, respectivamente.
Esta organización destacou a diminución do gasto medio orzado per cápita para 2011 respecto de 2010, ao pasar de 1.343 euros o ano pasado a 1.288 este exercicio, o que supón unha redución do 4,11 por cento.
Por comunidades obsérvanse diferenzas importantes e só oito delas sitúanse por encima da media.
Así, tras o País Vasco e Navarra, as comunidades con maior orzamento sanitario por habitante son Asturias (1.495 euros), Estremadura (1.390), Aragón (1.364), Castela e León (1.348), A Rioxa (1.347) e Murcia (1.346).
No extremo contrario sitúase Baleares, que destina apenas 1.000 euros por habitante; seguida de Comunidade Valenciana (1.078), Madrid (1.103), Andalucía (1.121), Canarias (1.135), Cantabria (1.232), Galicia (1.266), Castela-A Mancha (1.283) e Cataluña (1.292).
A diminución do orzamento entre 2010 e 2011 dáse en todas as comunidades, aínda que é máis evidente en Canarias, onde se reduce un 12,3 por cento.
En vista destes datos, a Federación puxo de relevo que os orzamentos sanitarios das CCAA son «globalmente insuficientes», o que evidencia que a crise a está pagando a sanidade pública».
Segundo esta asociación, o modelo de financiamento autonómico non supuxo melloras nos orzamentos sanitarios, debido ao seu carácter finalista.
No hay comentarios:
Publicar un comentario