13 DE MAIO DE 2010

13 DE MAIO DE 2010
13 DE MAIO DE 2010: GRAZAS!!!

NOTICIAS DA SAÚDE (EUROPA PRESS)

NOVAS DA SAÚDE

NOTICIAS GALIZA



NOVAS DE GALIZA:





3 ene 2011

O novo catálogo de medicamentos financiados polo Sergas entra hoxe en vigor

A lista inclúe 34 xenéricos e con ela Sanidade espera aforrar 100 millóns.

O novo catálogo de medicamentos aprobado no Parlamento de Galicia cos votos de PP e BNG e pola Xunta na súa reunión do Consello do pasado xoves entra hoxe en vigor, informa Efe. A listaxe, de obrigado cumprimento tanto para médicos como para as farmacias, inclúe finalmente un total de 34 xenéricos, aínda que se trata dun catálogo dinámico que se irá modificando cada vez que o Goberno central cambie os seus prezos ou incorpore medicamentos no seu nomenclátor. Con esta nova lista, ademais, o Executivo galego espera aforrar uns 100 millóns de euros ao ano, que serán reinvestidos en infraestruturas do Servizo Galego de Saúde (Sergas).
O catálogo inclúe medicamentos para patoloxías como hipertensión arterial ou exceso de colesterol, e os médicos empezarán a recetarlos a partir de hoxe mesmo. As farmacias, pola súa banda, terán de prazo ata o próximo día 16 para proverse destes fármacos. Así, se un facultativo receita un medicamento non xenérico dos mesmos principios activos a partir desa data deberá explicar a súa postura ante o servizo de inspección médica.
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, mostrou o pasado xoves, tras a aprobación do catálogo, a súa esperanza de que non haxa un conflito de competencias co Ministerio de Sanidade, que xa advertiu, a través do seu responsable, Leire Pajín, que un catálogo destas características compete ao seu departamento. Distribuidores farmacéuticos, empresas de medicamentos e o PSdeG rexeitan este catálogo.

             

No hay comentarios:

Publicar un comentario