Nos bares galegos non había onte despistados. A fumar, a fóra. Os hostaleiros recoñecían que foron poucos os clientes que non sentaron ao decatarse de que era o primeiro día de vixencia da lei antitabaco, unha norma coa que non se fixo a vista gorda porque se implantou con normalidade e ante a resignación dos fumadores. “Estaba moi anunciada pola prensa”, indicaban nun bar da Coruña, no que se podía ver os clientes co cigarro á porta. Noutros puntos de España, de climatoloxía máis benigna, foi a xornada das terrazas.
A nova lei antitabaco, que só é permisiva cos internos de establecementos sanitarios como residencias de anciáns ou psiquiátricos, así como coas penitenciarias e os hoteis –que teñen que habilitar habitacións especiais ás que non pode acceder o persoal mentres están ocupadas por un cliente fumador– prohibe fumar en todos os establecementos públicos pechados e nalgúns espazos abertos. A norma estreouse, aproveitando as suaves temperaturas de onte, cunha estampa pouco usual no inverno: o cheo completo das terrazas dos bares en cidades como Madrid ou Barcelona, tomadas case literalmente polos fumadores.
Noutros lugares onde o clima non acompañou tanto, como en Pamplona, as estufas e ata as mantas convertéronse nas aliadas para combater o frío de quen non renunciou a un cigarro mentres tomaba algo nun bar.
AS QUEIXAS
E por se houbera calquera irregularidade, Facua-Consumidores en Acción habilitou unha páxina web para que os usuarios poidan denunciar os incumprimentos da lei, dos que esta organización dará traslado ás autoridades sanitarias.
Pola súa banda, a Asociación Nacional de Empresarios pola Calidade do Lecer denunciou a “auténtica indefensión” destes profesionais ante as posibles reclamacións e inspeccións derivadas do incumprimento da lei por parte do público. Alegan que estas empresas “non dispoñen de ningún mecanismo legal para obrigar o público a cumprir a lei pero, paradoxalmente, son responsables e poden ser sancionados con multas de ata 10.000 euros polo incumprimento” dos clientes. Con todo, as sancións poden chegar aos 600.000.
"INCUMPRIMENTOS MINORITARIOS"
Segundo prognosticaba onte no diario Público a ministra de Sanidade, Política Social e Igualdade, Leire Pajín, os incumprimentos da nova normativa serán “minoritarios” porque será a propia sociedade a que esixa que se respecte o seu dereito a gozar do seu lecer en espazos sen fumes desde o primeiro día.
Non o ten tan claro a Asociación Defensor do Paciente, que fixo un chamamento á desobediencia da lei no referente a non fumar na proximidade de hospitais ou colexios e retou o Goberno a prohibir “de forma total e absoluta” o tabaco en lugar de facer unha normativa como esta, que mantén o consumo e a venda.
Aínda que a lei prohibe fumar nos ingresos dos hospitais, onte os despistados que non foron ao bar si estaban ás portas dalgúns sanatorios como a Fundación Jiménez Díaz, de Madrid, onde non se retiraron os cinseiros da porta do centro sanitario privado.
A Sociedade Española de Medicina de Familia e Comunitaria calcula que tres millóns de fumadores intentarán deixar o hábito nos catro primeiros meses do ano. Para axudar nese propósito, esta sociedade científica colgou consellos prácticos na súa páxina web, na que recorda que o tratamento farmacolóxico triplica as posibilidades de éxito.
Con todo, as primeiras horas de aplicación da lei transcorren con normalidade e os clientes respectaron a prohibición de fumar dentro duns bares e restaurantes que se apresuraron a retirar os cinceiros.

DENUNCIAS NA WEB: https://www.facua.org/es/camp.php?seccion=2
No hay comentarios:
Publicar un comentario