13 DE MAIO DE 2010

13 DE MAIO DE 2010
13 DE MAIO DE 2010: GRAZAS!!!

NOTICIAS DA SAÚDE (EUROPA PRESS)

NOVAS DA SAÚDE

NOTICIAS GALIZA



NOVAS DE GALIZA:





3 ene 2011

Sanidade recorrerá o catálogo de medicamentos galego porque «dana dereitos»

O departamento dirixido por Leire Pajín cre que dificulta o acceso a determinados medicamentos. Os médicos do Sergas aplican desde hoxe o catálogo de medicamentos.

O Ministerio de Sanidade, Política Social e Igualdade vai recorrer «en breve» o catálogo de medicamentos aprobado polo Goberno galego por considerar que «dana os dereitos dos cidadáns» xa que dificulta o acceso a determinados medicamentos.
Así llo comunicou xa o Ministerio á Consellería de Sanidade da Xunta, informaron a EFE fontes do departamento que dirixe Leire Pajín.
O secretario xeral de Sanidade, José Martínez Olmos, reuniuse esta tarde cos servizos xurídicos do Ministerio, que xa están a cumprir os trámites necesarios para recorrer a medida ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
Estes trámites só afectarán, polo momento, ao decreto que desenvolve a Lei de Racionalización do Gasto Farmacéutico e que detalla o catálogo dos medicamentos xenéricos que deberán ser prescritos polo servizo de saúde galego con preferencia sobre os non xenéricos, precisaron as fontes.
O recurso da Lei realizarase «máis adiante» xa que se trataría dun recurso de inconstitucionalidade, que debe tramitar o Consello de Ministros.
As fontes de Sanidade explicaron que a aplicación das medidas incluídas no decreto de desenvolvemento da Lei e en especial o catálogo de medicamentos «será suspendido de xeito cautelar» en canto o Ministerio presente o recurso ante o TSJ galego.
Por outra banda, o Ministerio ofreceu ao Goberno de Galicia a posibilidade de colaborar na procura de fórmulas alternativas para racionalizar o gasto farmacéutico de maneira que non afecte aos dereitos dos cidadáns», subliñaron as fontes.


No hay comentarios:

Publicar un comentario