13 DE MAIO DE 2010

13 DE MAIO DE 2010
13 DE MAIO DE 2010: GRAZAS!!!

NOTICIAS DA SAÚDE (EUROPA PRESS)

NOVAS DA SAÚDE

NOTICIAS GALIZA



NOVAS DE GALIZA:





9 feb 2011

Acusan o Sergas de desviar á lista de espera casos de cancro que antes se tramitaban de urxencia

Xornal de Galcia



O voceiro de Sanidade do Grupo Parlamentario Socialista, Modesto Pose, acusou onte a Consellería de Sanidade de crear un discurso baseado no “nós atendemos aos pacientes graves non as estatísticas”, así como de elaborar novos criterios de gravidade para introducir na lista de espera doentes de cancro, que antes non se incluían, aumentando así a demora para o tratamento. “A prioridade 1 era un criterio clínico dos servizos cirúrxicos para biopsias ou para diferenciar unha hernia con complicación” e os casos de cancro “non ían a lista de espera porque non deben ir”, sinalou no pleno do Parlamento.
Cancros como o de fígado, colon, páncreas ou mama están recoñecidos polas sociedades científicas como de prioridade 1, e así figura na páxina web do Servizo Galego de Saúde (Sergas). Porén, indican os sindicatos, estas enfermidades non se contabilizaban na lista de espera para unha intervención con anterioridade, xa que se tramitaban pola vía urxente. “Para os casos de cancro existen protocolos específicos, pero non para todos os tumores, nin en todas as áreas, agora están metendo doentes que non estaban nas listas, como os de cancro e, por iso, non baixan”, explica Lola González, de CC OO, que engade: “Poden estar mesmo os casos urxentes”.
Do mesmo xeito, María Xosé Abuín, de CIG-Saúde indica que “en Oncoloxía nunca houbo lista de espera, se se incrementou a actividade é porque aumenta a enfermidade”. “O da prioridade 1 é un tema recorrente da consellería, que quere implantar vías rápidas, pero, se antes non había lista e agora din que incorporan o cancro a prioridade 1, están recoñecendo que a hai”, sinalou tamén a sindicalista.
Así mesmo, Pose recriminou a Sanidade que ninguén “sabe de onde sacan os datos” para establecer as prioridades e atendelas. “Antes eran 60 días, logo 30, 25 e 22 “e esa información “non se pode contrastar”, denunciou no Parlamento, onde tamén preguntou a Administración como era posible que, se aínda se estaban reunindo cos médicos para establecer a priorización e deseñando os criterios, seguisen coa “milonga” de que “estaban reducindo a prioridade 1”.
O socialista referiuse ao catálogo de fármacos galego. Asegurou que o aforro neste ámbito se debía as medidas do ministerio e dixo “intuír” que, logo do fallo do Tribunal Constitucional, Galicia terá que actuar onde teña competencias para facelo, mentres que, desde o PPdeG, o voceiro parlamentario de Sanidade, Miguel Santalices, cuestionou a fiabilidade do informe do Consello de Estado, que atribuíu a o ministro José Blanco.

No hay comentarios:

Publicar un comentario