13 DE MAIO DE 2010

13 DE MAIO DE 2010
13 DE MAIO DE 2010: GRAZAS!!!

NOTICIAS DA SAÚDE (EUROPA PRESS)

NOVAS DA SAÚDE

NOTICIAS GALIZA



NOVAS DE GALIZA:





9 feb 2011

O Consello de Estado cuestiona o catálogo do Sergas porque «recorta servizos»

Sostén que a lei de racionalización do gasto invade competencias estatais

La Voz de Galicia


O informe que o Consello de Estado elaborou sobre o posible recurso de inconstitucionalidade da lei galega de racionalización do gasto farmacéutico sostén que a norma aprobada polo Parlamento de Galicia invade competencias estatais dos artigos 1 a 4 e nas súas disposicións adicionais primeira e segunda.
Unha das competencias do Estado vulneradas é a coordinación xeral da sanidade. É o Goberno central o que fixa a carteira de servizos básicos, incluída a prestación farmacéutica. As comunidades poden establecer as súas propias, pero a partir da básica que determina o Estado. É dicir, poden ampliar servizos pero non reducilos, como entende o Consello de Estado que se fai no catálogo de fármacos. Ademais, engade, existe unha incidencia directa no financiamento de produtos farmacéuticos, cuxa regulación corresponde ao Estado.
Tamén considera este órgano que se vulnera a competencia exclusiva en materia de lexislación de produtos farmacéuticos do Goberno central, e a lexislación básica e réxime económico da Seguridade Social. Finalmente, entende que se produce unha ruptura na esixencia constitucional de que sexa o Estado o que regule as condicións que garantan a igualdade de todos os españois no exercicio dos dereitos e o cumprimento de deberes.

   

    

No hay comentarios:

Publicar un comentario