13 DE MAIO DE 2010

13 DE MAIO DE 2010
13 DE MAIO DE 2010: GRAZAS!!!

NOTICIAS DA SAÚDE (EUROPA PRESS)

NOVAS DA SAÚDE

NOTICIAS GALIZA



NOVAS DE GALIZA:





9 feb 2011

Farjas recoñece que o catálogo aforrará 22 millóns de euros menos do previsto

Os farmacéuticos estiman que cada oficina perderá entre 3.000 e 4.000 euros en medicamentos xa mercados coa lei galega

Á espera dun fallo do Tribunal Constitucional (TC) que podería invalidar o catálogo galego de medicamentos, a conselleira de Sanidade, Pilar Farjas, compareceu onte en rolda de prensa para avaliar os resultados acadados polo seu departamento coa implantación do polémico listado. Recoñeceu que o aforro anual será de 90 millóns de euros, un 20% menos dos 112 millóns calculados antes da aprobación da lei galega de racionalización do gasto farmacéutico. Os primeiros resultados do listado deixan un aforro menor que as medidas suxeridas por Leire Pajín e adoptadas no Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde (SNS) por autonomías e ministerio.
En concreto, a consellería cifrou en 3,9 millóns de euros o “aforro real” que se acadou en 15 días –entre o 17 e 31 de xaneiro de 2011– coa implantación do catálogo e en oito millóns o que se conseguirá ao mes. Tamén destacou que se prescriben unhas 40.000 receitas, da que menos dun 1% corresponde a excepcións recollidas na súa aplicación.
“O catálogo cumpre o seu obxectivo”, subliñou, para engadir que a prescrición de xenéricos, experimentara un incremento do 86% entre xuño de 2010 e xaneiro de 2011, polo que Galicia xa estaba “por riba da media española” na prescrición destes compostos. Así mesmo, lamentou o feito de que algo “falla” na planificación do Goberno central, que “defende os mesmos argumentos que as farmacéuticas”.
Por outra parte, os farmacéuticos ourensáns –colectivo que a través do seu órgano de colexiación tamén recorrerá o catálogo– advertiron onte de que cada oficina perderá “entre 3.000 y 4.000 euros” coa implantación do catálogo, xa que os fármacos en stock que tiñan e que agora quedan fóra do listado non serán “pagados nin recollidos”.

 

Cuatro millones de ahorro en solo 15 días con genéricos (El Correo Gallego)

 

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario