13 DE MAIO DE 2010

13 DE MAIO DE 2010
13 DE MAIO DE 2010: GRAZAS!!!

NOTICIAS DA SAÚDE (EUROPA PRESS)

NOVAS DA SAÚDE

NOTICIAS GALIZA



NOVAS DE GALIZA:





9 feb 2011

O BNG acusa a Xunta de fixar as peonadas sen consenso

Unha vasectomía fóra da xornada habitual págase a 73 euros e unha consulta de alta resolución a 35

Xornal de Galicia


A voceira parlamentaria de Sanidade, Ana Luisa Bouza, levou onte ao pleno do Parlamento autonómico un documento que desvela que o Servizo Galego de Saúde (Sergas) “impuxo” nos hospitais galegos as condicións laborais da xornada extraordinaria, o que se coñece como peonadas ou autoconcertación. A circular interna de Sanidade inclúe tanto as tarifas segundo o tipo e tempo estimado de intervención cirúrxica, como os criterios de inclusión dunha operación na actividade de tarde. Precisamente os sindicatos da mesa sectorial levaban meses pedindo á consellería que se acordasen estes criterios na mesa sectorial, logo de invalidar os que existían co bipartito.
“Levamos desde decembro denunciando o dobre discurso da consellería, que se referiu as peonadas como un sistema perverso e acusou aos profesionais de empregalas para non traballar pola mañá e logo, como non melloraron a organización dos servizos, tiveron que empregalas despois”, sinala María Xosé Abuín, voceira de CIG-Saúde, que engade a respecto do documento levado á cámara galega polo BNG que Sanidade “se comprometera a pasalo pola mesa sectorial” e, pola contra, “actuou dun modo oscurantista”.
A mesma opinión expresou desde UGT, javier Martínez, que indicou que “para regular hai que negociar” e que non se poden tomar este tipo de decisións sen pasar pola mesa sectorial, mentres que Lola González, de CC OO, considera positivo que se unifiquen os criterios para remunerar as peonadas, pese a que lamentou que esta decisión non fose acordada coas centrais sindicais baixo a escusa de que “só se trataba dunha cuestión de condicións económicas”.

OS CRITERIOS
No documento que ensinou Bouza durante o debate dunha moción do PSdeG sobre este mesmo aspecto, aparecen os criterios de inclusión, funcionamento, asignación, tarifas e financiamento das peonadas, así como un anexo no que aparecen as intervencións susceptibles de entrar na actividade de tarde e un apartado sobre a avaliación do programa.
Durante a súa intervención, a parlamentaria nacionalista esixiu ao Servizo Galego de Saúde que “negocie” cos profesionais sanitarios a realización de xornadas extraordinarias e lamentou a “falsidade do discurso” da consellería.
Entre os requisitos para os criterios de inclusión, recóllese que o centro asegurará a atención de prioridade 1 ou preferente en xornada ordinaria e que quedan excluídos das peonadas os programas de actividade complementaria vinculada á exención de gardas.
En canto ao funcionamento, o documento sinala que a actividade “nunca empezará” antes das 16.00 horas, que non se poderán superar os dous cirurxiáns por intervención e que o número global de procedementos en xornada extraordinaria nunca poderá ser maior que o das que se realizan polas mañás. Ademais, recolle que o número de profesionais de enfermaría asignado a cada actividade será o mesmo en todos os hospitais do Servizo Galego de Saúde e que cada sanitario deberá asinar o consentimento.
Segundo o anexo ao documento queda establecidos os tempos de quirófano e as tarifas que se lles aboan aos facultativos, así como a tarifa global do proceso. Por exemplo, para unha conización do colo uterino, establécese un tempo de 33 minutos, 69 euros para o facultativo e 258 de custo xeral. Para unha vasectomía, estímanse 35 minutos, 73 euros para o facultativo e 273 euros. A acción cunha maior retribución para o facultativo é a prostatectomia radial –Uroloxía–, que ascende 292 euros e un custo xeral de 1.094 euros. Para as consultas externas destinaranse 25 euros por facultativo para as ordinarias e 35 para as de alta resolución.
Por outra parte, a conselleira de Sanidade, Pilar Farjas, presentou onte o Consello Asesor de Pacientes, que representa un novo mecanismo de participación que permitirá aos cidadáns expresar as súas necesidades e propostas, segundo destacou. Sinalou que se trata dun “circuíto accesible e directo” para que os doentes contacten coa Administración e trasladen a súa opinión.

    

No hay comentarios:

Publicar un comentario