13 DE MAIO DE 2010

13 DE MAIO DE 2010
13 DE MAIO DE 2010: GRAZAS!!!

NOTICIAS DA SAÚDE (EUROPA PRESS)

NOVAS DA SAÚDE

NOTICIAS GALIZA



NOVAS DE GALIZA:





9 feb 2011

COMUNICADO DE PRENSA: PLATAFORMA POLA DEFENSA E MELLORA DA SANIDADE PÚBLICA DE OURENSE

A Plataforma pola Defensa e Mellora da Sanidade Pública de Ourense, reunida o día 7 de Febreiro do 2011, ante as propostas da Xerencia do CHOU e dos responsables do SERGAS sobre cambios e modificacións nos Hospitais de Toén e Piñor, quere manifestar a opinión pública o seguinte:
A nosa provincia ten sido e sigue sendo unha das de menor inversión sanitaria de Galicia, estamos a cola dos
investimentos cando noutras lugares se teñen licitado e posto en marcha novos hospitais e centros de saúde. O famoso Plan Director do CHOU que nos ía a dotar dunha nova infraestructura hospitalaria é hoxe unha remora que acumula meses de paralización pola desidia e mala xestión dunha Consellería de Sanidade empeñada no recorte e na privatización dos servizos públicos que está a espera de que emerxa algún grupo empresarial disposto a facer “caixa” cos problemas de saúde do ourensáns ao estilo dos chamados modelos PFI que queren implantar nos novos Hospitais de Vigo e Pontevedra e namentras os pacientes son atendidos en dependencias obsoletas e apretados nas habitacións e nas consultas, mermando tanto a calidade asistencial como as condicións de traballo dos profesionais sanitarios.
En Ourense por moito que se empeñe a Xerencia do CHOU o número de camas que existen na actualidade son moi necesarias e a realidade amosanos que en moitos meses do ano o incremento de ingresos e as patoloxías asociadas a unha poboación moi envellecida fan que se ocupen e se non se ocupan é porque se utilizan solucións intermedias ( UPIs, ou asimilados) que son moi malas alternativas para arranxar estos deficits.
Desgraciadamente esta falla de planeamento tamén aflora noutras cuestión de gran importancia como a situación do Servizo de Pediatria do CHOU, cun deficit importante de efectivos para a realización das gardas e cun retorno aos chamados “contratos lixo” obrigando a ter que asinar, contratos, mes a mes as provocando de novo que Ourense perda profesionais sanitarios que emigran para outras zonas buscando mellores condicións laborais e causando mermas asistenciais para pacientes e usuarios.
Esta falla de inversións e de planeamento da sanidade xeral de Ourense acada unha gravidade moi importante no referido a Saúde Mental que pasa por ser a gran ignorada do sistema público de saúde. A conxelación/paralización do Plan Estratéxico de Saúde Mental 2006-2011 por parte do Sergas e da Xerencia do CHOU, a falla ou mantenemento en precario dos dispositivos asistenciais necesarios en psicoxeriatría, equipos de continuidade de coidados, infantoxuvenil, en conductas adictivas, en rehabilitación e reinserción social de doentes, en dar alternativas a hospitalización tradicional do paciente de saúde mental, etc conleva que hoxendía nos atopemos que a busqueda de alternativas para o hospital de Toén se convertan en “parches” que non só non solucionan a súa situación senon que poden agravar a xa deteriorada e maltreita sanidade de Ourense.
Manifestamos claramente que a situación do Hospital de Toén esixe respostas que rematen coa marxinación asistencial que sufren tanto pacientes como traballadores que teñen que soportar unhas infraestructuras moi deficitarias e obsoletas pero as mesmas tiñan que anticiparse, vai tempo, e encamiñarse por uns derroteiros moi diferentes aos propostos pola Xerencia do CHOU.
A Plataforma denunciou, no seu momento, que o peche de Piñor durante o verán para facer reformas  anticipaba “intencións ocultas”. Acusousenos de demagoxia e de crear alarmismo pero a realidade amosa o xusto e racional das nosas queixas e temores.
Dende a Plataforma chamamos a cidadania de Ourense e os profesionais sanitarios a decir NON a esta reforma do Hospital de Piñor polos seguintes motivos:
-Ourense non pode perder camas hospitalarias.
-En relación coa anterior, consideramos que a solución do Hospital de Toén non pode pasar por desfacer o
servizo de Medicina Interna de Piñor para pasalo a un Hospital Nai e Cristal xa de por sí moi xustos de espazos ede camas.
-As reformas que se queren facer no Hospital de Piñor son un novo despilfarro, cando se presume tanto de
políticas de aforro, pois non vai nin seis meses que se fixo un importante gasto nese Hospital nas prantas que
agora se queren empregar para os pacientes do Hospital de Toén.
-Calquera reforma ou cambio ten que manter os dereitos dos traballadores afectados.
-Ourense precisa urxentemente que se orzamente dunha vez por todas ao completo o Plan Director do Chou cun dimensionamento das necesidades de camas e servizos adaptadas a nosa realidade poboacional e asistencial.

Ourense 8 de Febreiro do 2011.-

No hay comentarios:

Publicar un comentario