13 DE MAIO DE 2010

13 DE MAIO DE 2010
13 DE MAIO DE 2010: GRAZAS!!!

NOTICIAS DA SAÚDE (EUROPA PRESS)

NOVAS DA SAÚDE

NOTICIAS GALIZA



NOVAS DE GALIZA:





29 dic 2010

O Ministerio de Sanidade estuda a presentación dun recurso por invasión de competencias

Desde un principio a principal sombra que planeou sobre o catálogo de fármacos era a posible invasión de competencias co Ministerio de Sanidade, xa que a prescrición farmacéutica depende do Goberno central e non do autonómico. Para garantir esta cobertura, un dos cambios que se aplicou á redacción do texto foi a de substituír a palabra creación dun catálogo por implantación dunha listaxe priorizada, e sempre dentro do nomenclátor oficial.
No entanto, o Ministerio sempre deixou claro que a súa obrigación era evitar desigualdades entre comunidades. Consultado onte, tras a publicación no DOG da lei, sinalaron que se está estudando se se presenta ou non un recurso, pero non hai unha decisión tomada».
A Xunta establecerá ademais acordos cos colexios oficiais de farmacéuticos para resolver as dificultades de entrada e saída de medicamentos do catálogo, e para facilitar a adherencia do usuario ao mesmo fármaco durante todo o tratamento.
Outra das medidas incluídas na lei publicada onte, a petición do grupo nacionalista, é incluír a ordenación funcional da visita médica.

Regulación das visitas
Neste sentido, desde o departamento sanitario recordan que xa existe unha norma que regula as visitas médicas dos delegados comerciais das distintas empresas farmacéuticas, pero o que se fará será ordenala de forma que en ningún caso se interrompa a atención aos pacientes ou o traballo asistencial dos profesionais.


No hay comentarios:

Publicar un comentario