13 DE MAIO DE 2010

13 DE MAIO DE 2010
13 DE MAIO DE 2010: GRAZAS!!!

NOTICIAS DA SAÚDE (EUROPA PRESS)

NOVAS DA SAÚDE

NOTICIAS GALIZA



NOVAS DE GALIZA:





29 dic 2010

Máis preto de ter un catálogo galego de medicamentos

A industria denuncia que a listaxe, aínda non realizada, vulnera o principio de igualdade.


Unha vez publicado no Diario Ofiacial de Galicia (DOG), a carreira para dispor dun catálogo propio de medicamentos na comunidade arrinca. Aínda que se trata dun proceso longo, a normativa para racionalizar o gasto farmacéutico entra en aplicación hoxe e dálle o pistoletazo de saída aos acordos e valoracións para poder aplicar un catálogo como tal.
Primeiro, a Comisión Autonómica Central de Farmacia e Terapéutica terá que elaborar un borrador para que sexa valorado polo Consello da Xunta, que acordou consensuar cos diferentes sectores implicados o documento. Unha vez aprobado, abrirase un período para que as farmacias poidan axustar o seu stock aos novos fármacos que custeará o Sistema Galego de Saúde. “Trátase que estes establecementos poidan despachar os fármacos que xa non se cubrirán e que se abastezan dos novo. Porque haberá principios activos que pasen de ter sete representacións comerciais, a ter só dúas, por exemplo”, explica a Xornal a deputada do BNG, Ana Luisa Bouza.
Grazas aos nacionalistas, o PP puido aprobar este proxecto, que se basea en incorporar os medicamentos de menor prezo á lista, conseguindo un aforro. “Nós –comenta Bouza– pedimos, e así figura na norma, que o aforro dos medicamentos reinvestise na mellora do sistema sanitario galego, que se tivese en conta excepcións individuais para poder custear outros tratamentos, regular as visitas médicas e realizar campañas para fomentar o uso racional dos fármacos”.
A idea é que cando varíe o prezo dos medicamentos, regulado polo Ministerio de Sanidade, sexan incluídos automaticamente no catálogo, así como, que se o médico só receita un principio activo sexa o farmacéutico o encargado de dispensar o de menor prezo.
A pesar de que o novo catálogo aínda non está feito, xa lle choveron as críticas. Desde o Ministerio de Sanidade mantense a prudencia e asegura que antes de decidir se tomarán medidas contra a lei galega terán que “ver que contén”. O problema da norma podería ser “se invade competencias” propias do ministerio, tal e como onte aseguraban fontes do departamento que dirixe Leire Pajín aos medios.
Menos prudentes nas súas críticas foron a Federación de Distribuidores Farmacéuticos (Fedifar) e a Sociedade Española de Farmacia Comunitaria (Sefac). Ambos mostraron onte o seu “rexeitamento frontal” á lei asegurando que a norma “discrimina os pacientes desta comunidade respecto dos doutras”. Segundo a industria, un paciente podería cambiar de tratamento cada dous meses “período mínimo de vixencia do catálogo”, “comprometendo a adherencia aos tratamentos, sobre todo nos maiores polimedicados”.

  

No hay comentarios:

Publicar un comentario