13 DE MAIO DE 2010

13 DE MAIO DE 2010
13 DE MAIO DE 2010: GRAZAS!!!

NOTICIAS DA SAÚDE (EUROPA PRESS)

NOVAS DA SAÚDE

NOTICIAS GALIZA



NOVAS DE GALIZA:





14 ene 2011

Contra o catálogo

O Ministerio reitera a súa negativa á lei galega de racionalización do gasto farmacéutico, mentres a industria estatal de medicamentos se une á Federación galega de farmacias para presentar un recurso contra un inventario que "vulnera a legalidade e invade competencias"

 

Galiciahoxe.com

Os desacordos pola lei galega de racionalización do gasto farmacéutico van en aumento. O Ministerio de Sanidad reiterou este xoves a súa intención de recorrer a lei por a que se crea o catálogo priorizado de medicamentos galego porque "invade competencias do Estado", despois de que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, sinalase que lle asegurara que "non quere" acudir aos tribunais, senón manter "unha reunión ou reunións" para analizar se existe "invasión competencial".
Segundo manifestaron fontes do departamento de Leire Pajín, o ministerio "segue aberto, como dende o primeiro día, a alcanzar fórmulas alternativas para solucionar problemas de financiamento" do gasto farmacéutico, pero "sempre baixo o principio de non invadir competencias". Deste modo, o ministerio insistiu en que "se respecte o marco competencial de cada un" e en relación co catálogo de fármacos galego, que entrou en vigor o día 3 pasado de xaneiro, recalcou que "hai invasión competencial" porque, ha recalcado, "invade competencias do Estado". "Se se persiste no catálogo, a idea de recorrer segue adiante", aseguraron as fontes do Ministerio de Sanidade consultadas. "Se imos falar é para que non haxa catálogo e non para outra cousa".
Ao ministerio sumouse Farmaindustria, a asociación que representa á industria farmacéutica no Estado español, que interporá ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) un recurso contencioso-administrativo contra a resolución que desenvolve a Lei 12/2010. Este únese ao anunciado pola Federación Galega de Farmacias, que manifestou a súa intención de recorrer o catálogo.
Segundo xustifica Farmaindustria, o recurso baséase en que esta iniciativa lexislativa "supón unha clara invasión de competencias estatais" por parte da comunidade autónoma galega e "constitúe unha vulneración da legalidade vixente". Así mesmo, indica que lle pedirá ao tribunal "a formulación dunha cuestión de constitucionalidade", ao "depender a decisión e basearse a resolución nunha lei que vulnera a Constitución".
A lei galega de racionalización do gasto na prestación farmacéutica, segundo Farmaindustria, "invade as competencias exclusivas do Estado que decide os medicamentos que se inclúen na prestación farmacéutica do Sistema Nacional de Saúde e o seu prezo".
Ao respecto, alude a que estas competencias se consagran tanto na Lei de Cohesión e Calidade do SNS (Lei 16/2003), coma na Lei de Garantías e Uso Racional dos Medicamentos e Produtos Sanitarios (Lei 29/2006).
Pola súa banda, puntualiza que o artigo 20.2 da Lei de Cohesión prevé que as comunidades autónomas poderán ter os seus catálogos, "pero estes han de conter canto menos o catálogo do SNS", matiza Farmaindustria.

Destrúe a igualdade de acceso ás menciñas
A asociación que representa a industria farmacéutica en España recalca que a lei e a resolución galegas "modifican o réxime de financiamento dos medicamentos en Galiza, carecendo a comunidade de competencias para iso, e vulnera a igualdade de acceso á prestación farmacéutica". Tamén considera que "afectan ao dereito constitucional á protección da saúde en condicións de igualdade en todo o territorio nacional e limitan a liberdade de prescrición dos médicos".
En canto á perspectiva empresarial, Farmaindustria sinala que a aprobación do catálogo galego "expulsa do mercado a determinados medicamentos" e constitúe "un punto de ruptura da confianza das compañías" en canto á unidade do mercado nacional, re relación coa garantía de continuidade na produción e comercialización de bens e servizos en todo o ámbito estatal, e a seguridade xurídica que, sinala, "débese garantir a compañías que desenvolven unha actividade e que cumpren escrupulosamente a lexislación aplicable".

"Non logrará os aforros que prevé a Xunta"
Así mesmo, Farmaindustria alerta de que esta nova normativa "non conseguirá os aforros que con ela persegue a Xunta de Galicia", xa que, segundo asevera, "a partir do 1 de marzo entra en vigor un novo Sistema de Prezos de Referencia que unificará, na maior parte dos casos, o prezo de medicamentos orixinais e xenéricos, polo que, nos devanditos supostos, o aforro será literalmente cero a partir da citada data".
Non obstante, afirma que esta iniciativa "si terá importantes custos en termos de saúde para os pacientes galegos", para os que, segundo manifesta, "foron excluídos da prestación farmacéutica que reciben medicamentos que cumpren todos os requisitos legais para recibir financiamento público, e que están financiados no resto de comunidades autónomas".
"Os cidadáns galegos van ver como se resente o tratamento farmacolóxico que reciben, porque con este catálogo a Xunta parte da premisa falsa de que dous medicamentos co mesmo principio activo son sempre intercambiábeis, cando moitas veces non o son", subliña Farmaindustria, que engade que debería "ser o médico que decidise se a cada paciente se lle mantén o tratamento ou se lle cambia. Decisión que non pode ser administrativa, burocrática ou informática", conclúe.
Pola súa banda, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, despois de sinalar que o Ministerio de Sanidade "non quere recorrer o catálogo priorizado de fármacos, senón manter unha reunión ou reunións", tese que desmentiu a ministra Pajín, asegurou que cada día en vigor do catálogo supón "un aforro de 300.000 euros" que a Xunta destinará a financiar infraestruturas sanitarias e a rebaixar as listas de espera. Por iso, avisou de que "non renunciará" a lestes fondos, antes de proclamar que "defenderá ou diñeiro" da Comunidade.

EPIGRAFE

Farjas "confía na responsabilidade de todos os dirixentes políticos"
A conselleira de Sanidade galega, Pilar Farjas, asegurou este xoves que "confía" na "responsabilidade de todos os dirixentes políticos" na posta en marcha do catálogo de medicamentos galego, "tamén dos do Goberno central".
Tras preguntarlles ós xornalistas logo da súa participación en Santiago na inauguración da nova sede do Colexio Oficial de Médicos da provincia da Coruña, Pilar Farjas ratificou que durante a xornada do martes producíronse "varias veces" conversacións entre o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e a ministra de Sanidade, Leire Pajín; así como entre ela mesma e o secretario xeral de Sanidade sobre esta cuestión.
"Confiamos na responsabilidade de todos os dirixentes políticos, tamén dos do Goberno central", sentenciou Farjas tras ser cuestionada sobre a intención do Executivo estatal de continuar adiante co seu recurso contra o catálogo de medicamentos da Xunta.
Ao mesmo tempo, durante a súa intervención no acto de inauguración, Pilar Farjas agradeceu a "implicación" dos profesionais médicos nas "medidas de bo uso de recursos", tales como o catálogo, que "busca acordos e corresponsabilidade con outros gobernos, como o de España".
Neste sentido, a conselleira apostou por "evitar a vía de xudicialización das relacións" entre ambos os Executivos e reiterou o seu ofrecemento de "total colaboración" nesta materia.
Pola súa banda Feijóo tras presidir a reunión semanal do seu Executivo, advertiulle ao Ministerio de Sanidade de Leire Pajín de que sería "gravemente irresponsábel" que "simultaneamente" lle traslade á industria farmacéutica unha versión contraria. "Se xa se comprometeu coa industria a recorrer, que o diga", reclamou Feijóo.
Pola súa banda, o máximo mandatario galego subliñou que as únicas "noticias" que ten, polo momento, sobre o catálogo son as que lle chegan dos facultativos e do Servizo Galego de Saúde (Sergas): "que non hai problema". Por iso, manifestou o seu desexo de que "non os formule" o Goberno do Estado.

   

No hay comentarios:

Publicar un comentario