13 DE MAIO DE 2010

13 DE MAIO DE 2010
13 DE MAIO DE 2010: GRAZAS!!!

NOTICIAS DA SAÚDE (EUROPA PRESS)

NOVAS DA SAÚDE

NOTICIAS GALIZA



NOVAS DE GALIZA:





14 ene 2011

O axente causante do mal das vacas tolas contáxiase polo aire

Os científicos propoñen máis control en matadoiros e laboratorios, que non é necesario en cortellos
Un equipo pulverizó con tecido cerebral infectado a uns ratos e o 100% contraeron a enfermidade

Un rato que respire unha pulverización de tecido cerebral infectado con priones da encefalopatía esponxiforme bovina contaxiarase deste mal nun 100% dos casos. Iso é exactamente o que demostrou un estudo dirixido por Adriano Aguzzi, da Universidade de Zúric, e que publica hoxe a prestixiosa PLoS Pathogens.
A transmisión do mal das vacas tolas por vía aérea quedou demostrada no 100% dos animais de laboratorio expostos durante un minuto, pero os investigadores puntualizan que os ratos non respiraron o aire exhalado por outros animais enfermos, senón a pulverización de partículas diminutas de tecido cerebral infectado.
Si parece comprobado que os priones chegaron directamente do nariz ao cerebro das cobayas a través da vía nerviosa, tal e como explica na revista o microbiólogo Lothar Stitz, do Instituto Friedrich Loeffler e colaborador de Aguzzi na investigación. Iso si, Stitz quixo tranquilizar aos gandeiros recalcando que o contaxio nun cortello considérao «descartado».

Matadoiros e laboratorios
Con todo, os científicos apuntan que os que deberían tomar nota son os responsables dos matadoiros en particular e as autoridades en xeral. E pon un exemplo: a un matadoiro entra un animal contaminado co prión da encefalopatía esponxiforme bovina (BSE, polas súas siglas en inglés; EEB en castelán) e alí elabórase e manipula o produto; cando o lugar é limpado cun equipo de alta presión, os priones si poderían chegar ao aire e ser inhalados por persoas. A vantaxe actual é que ata esta posibilidade é remota porque as medidas de seguridade nos matadoiros son moi estritas e as condicións do experimento están determinadas polo traballo nun laboratorio. Con todo, Adriano Aguzzi puntualiza: «Unha protección contundente contra os aerosois non forma parte das medidas de prevención usuais contra infeccións con priones en laboratorios científicos, matadoiros e na disposición final de refugallos dos matadoiros» e por iso «é recomendable tomar medidas para minimizar o risco dunha infección así con priones en humanos e animais».

   

No hay comentarios:

Publicar un comentario